Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os traballos de humanización das rúas Progreso e Buenos Aires rematarán neste mes de abril

As obras de reforma integral da PO-329 ao seu paso polo centro urbano acadan xa o 85% de execución, restando so a disposición de mobiliario urbano, xardinería e rego, e sinalización horizontal e vertical

Os traballos de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso rematarán neste mes de abril tras un investimento autonómico de case 1 millón de euros.

 


Así o avanzou onte o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o tenente de alcalde do Porriño, Carlos Martínez, supervisou a marcha das obras na estrada PO-329 ao seu paso polo centro urbano, que acadan xa o 85% de execución.


Menéndez explicou que está a ultimar a reforma da vía autonómica ao seu paso polo centro urbano do municipio co obxectivo de transformar a estrada en rúa na que os coches cedan protagonismo aos peóns.


Así, para acadar rúas máis seguras, accesibles e humanas, habilitáronse beirarrúas máis amplas, reducindo para iso a anchura dos carrís de circulación co obxectivo de favorecer un tránsito máis cómodo e seguro para a veciñanza e primar os peóns fronte aos vehículos.


Ademais, reordenáronse as zonas de aparcadoiros, renováronse os pavimentos e mellorouse a iluminación coa instalación de 22 novos puntos e reforzos lumínicos nos pasos de peóns, para garantir unha maior seguridade.
Tal e como resaltou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, no proxecto tívose en conta a petición do Concello do Porriño e do Consorcio de Augas do Louro, aproveitando os traballos para acometer tamén unha necesaria renovación e ampliación das redes de saneamento e abastecemento.


O tenente de alcalde, Carlos Martínez, puxo en valor a intervención “xa que non só acondiciona un dos principais accesos ao centro urbano, algo que era moi necesario pola gran afluencia de vehículos e peóns que rexistra a diario, senón que conecta esta zona co resto da vila, promovendo a súa dinamización”.   


A actuación abrangue un treito de case 700 metros da PO-329 e ten como obxectivo reforzar a seguridade dos peóns, ademais de mellorar a accesibilidade e o aspecto estético da vía, favorecendo a súa mellor integración na vida urbana do núcleo do Porriño.


Segundo as necesidades detectadas, dividiuse en diferentes ámbitos zona da rúa Buenos Aires, no treito que vai desde a glorieta coa PO-511 e a PO PO-331 ata o cruce co río Louro, pasando baixo a autovía A-55. Na zona máis próxima ao río, a prioridade era mellorar a seguridade peonil, colocando pasos elevados e adaptándonos á normativa de accesibilidade.


Nas proximidades da glorieta, acometeuse unha actuación máis ampla, coa reordenación da calzada para gañar espazo para os peóns, reducindo o dos carrís, ademais de dispoñer sitio para os cometedores e aparcadoiros, renovando e ampliando tamén as beirarrúas, a iluminación e a sinalización e dispoñendo mobiliario urbano.


Tras ese primeiro treito de actuación, os traballos avanzaron na rúa Progreso, entre o límite con Mos e o paso a nivel coa vía férrea, acometendo a reordenación da calzada e a humanización da vía.


Tras ese primeiro treito de actuación, os traballos avanzaron na rúa Progreso, entre o límite con Mos e o paso a nivel coa vía férrea, acometendo a reordenación da calzada e a humanización da vía.


O treito máis complezo, entre o paso a nivel e o acceso á empresa Frigolouro, deixouse para o final, traballando co maior coidado para minorar as molestias e as afeccións.


Nestes momentos as obras están xa a ultimarse, unha vez acometidos os firmes eos pavimentos, as beirarrúas, os accesos, reordenadas as bandas de aparcadoiro, renovados as redes de abastecemento e pluviais e instalado o novo alumeado.


Nas próximas semanas avanzaranse no seu remate, coa disposición de mobiliario urbano, xardinería e rego, e sinalización horizontal e vertical.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.