VIGO
O BNG de Vigo pide participación real para definir as Zonas de Baixas Emisións
A fronte nacionalista demanda a convocatoria dos Consellos Sectoriais de Transporte e de Medio Ambiente do Concello para abrir un verdadeiro debate sobre as ZBE
O Bloque Nacionalista Galego pide abrir un proceso participativo real en Vigo para definir as Zonas de Baixas Emisións (ZBE) en lugar das “enquisas fake” anunciadas polo Goberno de Abel Caballero. A fronte nacionalista demanda así a convocatoria dos Consellos Sectoriais de Transporte e de Medio Ambiente do Concello para abrir un verdadeiro debate, con diálogo e coa participación dos colectivos sociais e da veciñanza, para decidir a aplicación desta medida.
“As Zonas de Baixas Emisións non poden supoñer baixo ningún concepto que se castigue con multas á inmensa maioría social que non se pode permitir comprar un vehículo híbrido ou eléctrico”, advertiu o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, rexeitando a “mala copia de Madrid Central que quere impoñer o Goberno local”, que prevé sancionar por circular ou acceder en catro zonas/perímetros da cidade.
Igrexas defendeu a aposta nacionalista de facer de toda a cidade unha ZBE, revolucionando a mobilidade e democratizando o espazo público. Un modelo no que se ofrezan alternativas ao uso do vehículo privado, reducindo o tráfico ao mínimo necesario, dando prioridade ao tránsito a pé, en bicicleta e vehículos de mobilidade persoal e, con especialmente, mellorando o servizo de autobús urbano. “O reto que temos como cidade, para avanzar na sustentabilidade e enfrontar a emerxencia climática, non é que circulen menos coches de combustión senón que haxa posibilidades para usar menos o coche”, reivindicou o portavoz municipal do BNG.
Dende o Bloque cuestionaron nese sentido a pouca efectividade do modelo de perímetros a respecto doutros como o de Pontevedra. “Revolucionar a mobilidade demostrou con éxito noutras cidades que o camiño para reducir as emisións contaminantes pasa por crear espazos urbanos máis seguros e habitábeis e non por fixar unhas poucas zonas onde non se deixa circular segundo o tipo de vehículos”, remachou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129