SOLIDARIOS
As entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o x solidario na Renda
As entidades do Terceiro Sector de Acción Social Galego, representadas por EAPN- Galicia, CERMI- Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), reuníronse un ano máis con motivo do inicio da campaña do X Solidario, que este ano intentará que máis galegas e galegos se sumen a marcar o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”.
A Praza da Quintana en Santiago de Compostela acolleu o acto de presentación da campaña onde entidades e persoas beneficiarias fixeron un novo chamamento para que o financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF continúe crecendo e así posibilite que as ONG poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas.
Por outra banda, as entidades tamén animaron a todas aquelas persoas que xa están sensibilizadas a apoiar a difusión da campaña, que este ano chega ás redes coa etiqueta #EquipoXSolidaria.
O acto consistiu na elaboración dun X xigante cunha tea laranxa no medio da praza e a posterior lectura do manifesto. Isto último correu a cargo do Director de EAPN-Galicia, Xosé Cuns, a Presidenta da Plataforma de Organización de Infancia de Galicia (POIG), Mónica Viqueira e o Secretario Xeral do CERMI-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro.
Un recadro que cada ano conta con máis adeptos
Durante 2023, a campaña recadou en Galicia 24.029.488 €, grazas a que 775.395 persoas (o 54,5% do total de contribuíntes) marcaron o X Solidario na súa Declaración, o que supón unha recadación de 30’99 € por persoa.
Un éxito porque foron 24.528 persoas máis que en 2022, o que permitiu recadar 2.638.195 € máis. Aínda así, 647.628 contribuíntes seguen sen marcar o X Solidario (530.187 non marcaron ningún recadro e 117.441 só marcaron o da Igrexa). Se todos os galegos e galegas marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 39. 461 392 Euros (15.431.905 € máis).
A nivel estatal, a campaña da renda do ano pasado recadou 475.902.000 € grazas a que 12.052.295 persoas marcaron o X Solidario súa Declaración, é dicir, un 53% do total de persoas declarantes. O que supón que o número de persoas contribuíntes solidarias creceu en case 2 millóns nos últimos 10 anos.
Unha recadación que chega cada ano a todo tipo de realidades
Todos estes fondos recibidos durante a campaña do ano pasado axudan a dar resposta a realidades concretas: apoio ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, educación para a saúde, teleasistencia, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a persoas xordas na súa contorna socio-familiar, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.
Dende as entidades de acción social galegas queremos recordar que marcando o X Solidario, o recadro de Fins Sociais, nin se paga máis nin se recibe menos cartos no caso de devolución e, como contrapartida, contribuímos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129