VIGO
A Deputación e a UVigo ofrecen cursos de español gratuítos para inmigrantes ata o 2028
Ao longo destes catro anos vanse ofertar 240 prazas para participar nestes cursos que teñen por finalidade preparar aos inmigrantes para a proba de acreditación do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE) expedido polo Instituto Cervantes
A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo acaban de asinar un convenio de colaboración para promover cursos de español gratuítos para ata 240 persoas inmigrantes ata o 2028. Estes cursos teñen por finalidade preparar ás e aos inmigrantes maiores de 16 anos, que se atopan en situación regular en España, teñen coñecementos básicos de lingua española, están empadroados nalgúns dos concellos da provincia e saben ler e escribir, para a proba de acreditación do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE) expedido polo Instituto Cervantes.
En total, a través deste convenio entre a Deputación e a Universidade de Vigo impartiranse tres edicións anuais dos cursos de español para persoas inmigrantes de ata 60 prazas, cun máximo de 20 alumnas/os por aula. As accións formativas teñen por obxectivo preparar de xeito práctico as probas para obter a certificación, con simulacros de exame e técnicas, estratexias e habilidades para aproveitar ao máximo os coñecementos. Deste xeito a través dos cursos prepararanse tanto a proba de comprensión lectora, como a auditiva e as de expresión e interacción escrita e oral con textos de exames, mostras de audios e vídeos similares aos reais.
Este ano os cursos terán lugar en Pontevedra, Vigo e, por vez primeira, en Vilagarcía e rexistrouse unha demanda superior á do pasado ano, con 120 solicitudes fronte ás 94 do 2023. As accións formativas comezarán en Pontevedra e Vigo, onde se desenvolverán entre o 20 de maio e o 5 de xuño. Pola súa banda, a quenda de Vilagarcía terá lugar entre o 10 e o 26 de xuño. Ademais, as tres accións formativas completaranse cunha sesión dunha hora de duración no mes de setembro antes do exame DELE A2, previsto para o día 13, coa finalidade de lembrar a estrutura da proba e resolver dúbidas de derradeira hora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60