Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño avanza no deseño da súa axenda urbana

O Concello convocou mesas sectoriais cos axentes sociais, económicos e veciñais para implicar á veciñanza na transformación do municipio expresando as súas impresións, necesidades e demandas

O Concello do Porriño avanza na elaboración da súa Axenda Urbana e Rural, un documento estratéxico que guiará as accións municipais a curto, medio e longo prazo.

 


No deseño da Axenda Urbana a participación cidadá é un elemento fundamental para identificar debilidades e definir retos en ámbitos estratéxicos como o urbanismo, mobilidade, medio ambiente, etc.


Por iso o Concello do Porriño quere implicar á veciñanza na transformación do municipio expresando as súas impresións, necesidades e demandas.


“Trátase en definitiva de escribir xuntos/as a folla de ruta para construír o Porriño de mañá, un marco de referencia para a planificación estratéxica que nos pemitirá acceder de forma máis eficaz e competitiva a financiación precisa e avanzar de maneira máis eficaz no desenvolvemento da vila”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Algo tan importante como o futuro do Porriño hai que consensualo entre todos/as”.


Será a través da convocatoria de mesas sectoriais co seu tecido asociativo, nos ámbitos económico, social e medioambiental, ademais do persoal técnico municipal e dos grupos políticos con representación na corporación.

 

Estes encontros darán comezo a vindeira semana e teñen como principal obxectivo identificar de maneira conxunta respostas aos principais retos do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.