Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 04 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O PSdeG-PSOE pide explicacións a López polo retraso nas subvencións ao deporte

Ana Laura Iglesias: “É incomprensible a tardanza da posta en marcha destes recursos, indispensables para clubs, asociacións e deportistas que non entenden tanta dilación”

O Grupo provincial do PSDG-PSOE na Deputación de Pontevedra pide “unha explicación coherente ao goberno provincial” ante o retraso na aprobación e concesión das axudas ao deporte da provincia que son indispensables para o desenvolvemento de competicións e actividades de clubs, asociacións e deportistas, tal e como sinalou nunha pregunta o deputado provincial Gorka Gómez no pleno do pasado martes.

 

A portavoz do grupo socialista, Ana Laura Iglesias, cualificou hoxe de incompresible esta demora “que está suscitando moita preocupación entre dirixentes e deportistas de diferentes modalidades que compiten nesta provincia na que o deporte é unha sinal de identidade que nos enche de orgullo e que sempre contaron co respaldo inequívoco da Deputación de Pontevedra, “alo menos nos últimos oito anos”. Nese sentido, a portavoz recordou que as axudas ao deporte do anterior goberno de Carmela Silva sempre foron unha prioridade “como o demostra que os recursos tiñan luz verde nos primeiros meses do ano porque era a forma de que contaran con esas subvencións para poder facer os seus orzamentos e planificar sen sustos a temporada”.

 

A deputada citou como exemplo como no ano 2022 os recursos para o deporte federado se aprobaron o 1 de marzo, situación que incluso se adiantou en 2023 coa aprobación das axudas o 3 de febreiro para o deporte con competicións no ámbito estatal, o 9 de febreiro para a organización de campionatos e actividades, ou o 16 de marzo para todo o deporte náutico. “Xa estamos en abril e ninguén sabe nada que pasa con estes recursos polo que unha vez máis instamos ao presidente e ao goberno a que se poñan as pilas e se ocupen desta situación que ten en vilo a milleiros de deportistas na provincia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.