SALCEDA DE CASELAS
Curso de Operacións básicas de almacenaxe en Salceda
Financiado pola Deputación de Pontevedra a través do Programa Emprego Inclusivo e impartido en colaboración coa Fundación Érguete – Integración, diríxese a persoas desempregadas ou que queiran mellorar a súa situación laboral
A partir do mes de abril, o Concello de Salceda de Caselas colabora coa Fundación Érguete–Integración no desenvolvemento do Programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de Pontevedra. O curso de Operacións básicas de almacenaxe e reposición de mercadorías, é unha formación de 190 horas, das que 80 se corresponden con prácticas en empresas.
Dirixido a persoas demandantes de emprego ou que queiran mellorar a súa situación laboral, e terán preferencia as empadroadas no Concello de Salceda de Caselas.
O curso comezará o 25 de abril e nel incluiranse os módulos específicos de formación en almacenaxe e reposición, manipulación de alimentos, carretilla elevadora e competencias transversais, ademais das prácticas non laborais en empresas. As 190 horas de formación rematarán o 20 de xuño e serán impartidas en diferentes instalacións municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas.
A finalidade do proxecto Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, de xeito que poidan incorporarse ou volver ao mercado laboral, desde un enfoque de empoderamento da persoa e o desenvolvemento das súas competencias.
Para recibir máis información ou preinscribirse, poden contactar a través do teléfono da Fundación Érguete–Integración 986 253 176 (de 08:00 a 14:30 h) ou no enderezo electrónico incorpora@fundacionerguete.org.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159