Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 06 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación leva ata o Fórum Gastronómico da Coruña un stand propio

Entre o 7 e o 9 de abril divulgará información sobre aspectos relacionados coa natureza, a gastronomía, a cultura, o patrimonio e as experiencias que se poden gozar na provincia

A Deputación de Pontevedra terá presenza con stand propio na feira Fórum Gastronómico que terá lugar en Expocoruña entre o 7 e o 9 de abril. No evento, a institución provincial promoverá as experiencias 100% Rías Baixas e divulgará información sobre aspectos relacionados coa natureza, a gastronomía, a cultura, a camelia ou o patrimonio. Entre as actividades que promoverá a Deputación de Pontevedra en Coruña destaca a sesión de cociña en directo protagonizada por chefs con estrela Michelín da provincia.

 

 

No stand, de 40 metros cadrados, persoal de información turística difundirá a oferta turística da provincia en horario de 10:00 a 20:00 horas. As persoas que se acheguen ao espazo propio da Deputación de Pontevedra, ademais de recibir información do destino, tamén poderán realizar fotos con atrezzo adaptado a cada un dos tres paneis que haberá dispostos: un con imaxes de auga, ao ser o eixo  central da campaña 100% Rías Baixas, e os outros dous con fotografías relacionadas co viño e a gastronomía, pola propia temática da feira.

 

A provincia de Pontevedra é unha despensa natural. Conta cunha materia prima rica, variada, saborosa e de calidade que ten convertido á súa gastronomía nunha das grandes experiencias 100% Rías Baixas. Deste xeito, o Fórum Gastronómico, aberto a xornalistas e público gourmet, convértese nun escaparate axeitado para dar a coñecer os atractivos turísticos e a oferta enogastronómica de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.