MOS
A conciliación familiar, protagonista das terceiras Xornadas da Muller de Mos
Jero García, Juan Carlos Diz, Paula C. Frías, Carmen Raña, Paula Blasco, Consuelo Arenosa e Helena Lopo serán os ponentes destas xornadas organizadas polo CIM mosense os vindeiros 17 e 18 de abril
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, o concelleiro de Igualdade mosense, Leo Costas, e a Xurídica do CIM de Mos, Ana María Rodríguez Cabaleiro, veñen de presentar as III Xornadas da Muller de Mos que se celebrarán os próximos días 17 e 18 de abril no Pazo de Mos en horario de 16.30 a 20 horas e baixo o título CONCILIACIÓN FAMILIAR: REALIDADE OU UTOPÍA.
Segundo declararon os representantes municipais Arévalo e Costas “estas xornadas pretenden facer reflexionar sobre a necesidade da coeducación, conciliación e corresponsabilidade efectivas e non só reflectidas no papel”.
Aínda que actualmente asístese á formación de un novo ideal de familia, máis igualitaria ou simétrica, a realidade demóstranos que queda un longo camiño, persistindo unha repartición desigualitaria das tarefas e responsabilidades entre homes e mulleres. Seguen sendo as mulleres, as que solicitan máis excedencias e permisos para coidados, máis reducións de xornada, as que sofren un emprego máis precario...
Temáticas das xornadas
O mércores 17 enfocaranse cara ás violencias, a súa repercusión nos menores, como afecta os menores a educación permisiva e sobreprotectora, o incremento da violencia sexual, e de xénero e o aumento das condutas violentas nos mozos. Intervirán Jero García (deportista , presentador e exboxeador) autor do libro “ Cola de lagartija” sobre acoso escolar. O psiquiatra Juan Carlos Diz Del Valle, coordinador do programa de Psiquiatría legal do Servizo de psiquiatría da Xerencia do Servizo Integral da Coruña. Paula C. Frias, sobre o seu libro “Historias para vivir, a miña viaxe cara á tolemia”. E finalmente Carmen Raña, da asociación Mulleres en Igualdade de Vigo, que falará da súa experiencia como mestra e muller traballadora cunha filla dependente.
O xoves 18 falarase sobre a familia desde un punto máis xurídico e das medidas e as ferramentas que debemos adoptar ante os conflitos familiares en interese dos menores. Intervirán Paula BLASCO Moia, Fiscal da Área de Pontevedra, dando a visión da intervención do Ministerio Fiscal nos procedementos de menores, e a súa función de protección do interese destes. Consuelo Arenosa, Xuíza en distintos partidos Xudiciais, como Vigo, Porriño, Ponteareas, etc. e que falará da intervención xudicial nos procesos de familia. Intervirá tamén un membro do Grupo da EVAP da Policía Local de Vigo, que se encargan da “custodia“ de mulleres vítimas de violencia e dos seus fillos, e finalmente Helena Lopo, psicóloga, que nos dará algunhas ferramentas emocionais para axudar aos menores para xestionar os conflitos familiares.
Segundo Nidia Arévalo, rexedora local mosense e Leo Costas, concelleiro de Igualdade “é importante seguir un ano máis con estas Xornadas, xa que a formación e a educación son ferramentas esenciais para conseguir unha sociedade máis igualitaria, e continuar coa loita e erradicación da violencia de xénero”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60