O PORRIÑO
O Consello da Xunta aproba o trazado provisional da senda na PO-407 no Porriño
O obxectivo é habilitar un itinerario de preto de 1 km pola marxe dereita desta vía, para a disposición dun novo espazo seguro para tránsito peonil e independente da calzada nunha zona con vivendas e de acceso ao colexio público Cruz de Budiño
O Consello da Xunta deulle a semana pasada o visto e prace á aprobación provisional do proxecto de trazado para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-407, no concello do Porriño.
A actuación, que conta cun orzamento inicial previsto de preto de 425.000 euros, ten por obxecto habilitar un itinerario de preto de 1 quilómetro de lonxitude na marxe dereita desta vía, que discorre integramente polo municipio e cun tráfico maioritariamente local, cunha importante funcionalidade ao contar con vivendas na súa traza e dar acceso a un equipamento educativo como o colexio público Cruz de Budiño.
A Xunta impulsa deste xeito a construción dunha senda no treito da estrada PO-407 comprendido entre os puntos quilométricos 0+130 e 1+020, creando un espazo seguro para o tránsito peonil independente da calzada, xa que esta carece na actualidade dunha zona destinada á circulación dos peóns.
En concreto, a intervención deseñada polo departamento de Infraestruturas da Xunta consiste na execución dunha senda en formigón coloreado de ancho mínimo de 1,80 metros, agás na contorna do punto quilométrico 0+750, onde existe unha estrutura que fai que o ancho da senda oscile entre os 1,70 metros e os 90 centímetros.
De cara a facilitar a accesibilidade, nos vaos peonís previstos, colocarase pavimento táctil de botóns ou direccional, formado por baldosas de 30x30 centímetros sobre unha base de formigón. O pavimento táctil, indicador de advertencia ou proximidade a puntos de perigo, situarase nos extremos da senda para indicar o final da mesma, así como nas paradas de autobús ou nos pasos de peóns para advertir a posibilidade de cruzamento con seguridade.
As obras previstas inclúen melloras da seguridade adicionais, como o acondicionamento das paradas de autobús existentes nos puntos quilométricos 0+280 e 0+960. En ambos os casos acondicionarase e ampliarase a zona peonil, sinalizarase o refuxio e disporase de pavimentos que cumprirán as normativas vixentes de accesibilidade.
A intervención completarase con traballos adicionais de instalación dun prisma soterrado de telecomunicacións e iluminación, a mellora dos sistemas de drenaxe, a recolocación de contenedores de residuos, sistemas de contención, construción de muros ou reforzo da sinalización.
Tras o acordo hoxe do Executivo autonómico, nas vindeiras semanas someterase ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda, por un prazo de un mes. Este é un trámite necesario para que os interesados poidan presentar suxestións, e tamén a efectos expropiatorios, xa que coa intervención se afectan 37 predios.
A partir de aí os trámites administrativos continuarán coa análise das achegas recibidas, para incorporar ao proxecto aquelas que se consideren oportunas.
A previsión da Xunta é aprobar definitivamente o proxecto no outono para poder realizar a convocatoria dos actos de levantamento das actas previas das expropiacións e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025. O prazo para acometer os traballos é de 8 meses.
O Goberno galego segue a traballar no impulso de actuacións que favorecen unha Galicia mellor conectada e máis vertebrada, mellorando as comunicacións nos municipios e favorecendo unha mobilidade máis cómoda, segura e sustentable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60