PROVINCIA
Luis López anuncia a posta en marcha do programa “+Convivencia”
O presidente da Deputación deu conta da aprobación das bases desta nova iniciativa, que deixará autonomía aos colectivos para desfrutar de actividades de posta en valor do patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de anunciar o novo programa “+Convivencia”, unha iniciativa “que ten moito que ver coa posta en valor do noso territorio centrándose no tecido social”. López deu conta da aprobación das bases deste novo programa na Xunta de Goberno, dotado de 220.000 euros para que as entidades sen fins de lucro da provincia compartan experiencias, creen espazos de participación e poñan en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de Pontevedra.
A principal novidade de “+Convivencia” é que “en vez de delegar a súa xestión en multinacionais, como se viña facendo ata agora, cada asociación ou entidade terá completa autonomía para o deseño e organización da súa actividade” e, para iso, contarán “cun respaldo da Deputación de ata 1.000 € por entidade”, sinalou Luis López. O presidente provincial asegurou que o obxectivo é “favorecer a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimular a economía local, pois ata agora quen se facían coas ofertas eran grandes grupos de viaxes moi afastados das asociacións que realizaban as actividades”.
No marco de “+Convivencia”, a Deputación ofertará un amplo catálogo de actividades e rutas que inclúe propostas de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as actividades estarán abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades permanecerá aberto entre o 15 de abril e o 1 de decembro. A data límite para realizalas será o 15 de decembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60