GALICIA
Acordo con trece feiras do libro e maior interconexión entre as librarías galegas
A Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia refrendan o seu convenio e presentan un acordo que abrangue trece Feiras do Libro, a creación dunha intranet que permita maior interconexión entre as librarías asociadas e o apoio á programación regular
A Biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporáneo foi fai uns días escenario da presentación dun acordo moi especial, o que refrenda o convenio de colaboración entre a Federación de Librarías de Galicia e a Xunta De Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que sirve de marco para o desenvolvemento das Feiras do Libro de Galicia.
O acto, presidido polo Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, D. Anxo Lorenzo, contou coa presencia de Óscar Porral, Vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia e Patricia Porto, Contadora da entidade, e serviu de marco para presentar o esperado calendario das Feiras do Libro de 2024, que comenzarán o vindeiro venres 19 de abril en Ferrol, e rematarán o 24 de agosto en Monforte de Lemos.
Entre medias, un extenso calendario que abrangue 13 municipios e que este ano conta con importantes novidades: A Feira do Libro de Vigo regresa ao centro, ubicándose na Praza de Compostela, e a programación refórzase en todas as citas con maior variedade de eventos: mesas redondas, presentacións, actividades infantís, debates...
As Feiras do Libro: espazo para a aventura
O evento serviu tamén para presentar o cartaz e o lema que acompañarán ás Feiras do Libro de 2024. Baixo o título “Atopa a túa Historia”, Xoana a cooperativa Cestola ilustrou un cartaz vivo e evocador que busca dar vida ao concepto que acompañará este ano as Feiras: un espazo de aventura e convencia entre autores e lectores, no que atopar a historia perfecta para cada un de nos.
A idea evoca tamén ás librarías como espazos vivos, que forman parte da historia das nosas vidas e vilas, nas que se forxa comunidade, que contribuen a facer crecer os nosos barrios e aportan ademáis un plus de profesionalización ao sector, dando espazo aos novos e novas autores e autoras, axudando ás persoas lectoras a atopar as lecturas máis afíns, e facendo crecer o tecido literario galego.
Un convenio ambicioso destinado a mellorar o tecido literario en Galicia
O convenio no que se engloban as Feiras do Libro é moito máis amplo, tal e como o propio Director Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, deixou claro na presentación.
De esquerda a dereita, María Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Bibliotecas de Galicia, Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Patricia Porto, Contadora da Federación de Librerías de Galicia, Joana Almal, ilustradora do cartaz, e Óscar Porral, Vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia.
De feito, o convenio inclue este ano, ademáis da realización das trece Feiras do Libro, un proxecto de formación continua para as librarías asociadas, con cursos que afondarán en temas tan importantes como a IA dentro do sector libreiro e editorial, o desenvolvemento de actividades dentro das librarías galegas, axudando especialmente a aquelas librarías que teñen maiores complicacións na súa programación, e un dos proxectos estrella do 2024: a creación dunha intranet para as librarías federadas que permita unha maior coordinación e difusión das actividade realizadas.
Con este acordo Federación e Consellería refrendan a súa colaboración, destinada a mellorar o crecemento e asentamento do sector literario en Galicia, e o posicionamiento das librarías como espazos de convivencia e profesionalización do sector.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188