VIGO
Vigo será o escenario da Gala de Turismo 100% Rías Baixas
A gala, na que se entregarán os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, contará coas actuacións da bailarina Eva Comesaña e dos grupos musicais Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron e Eladio y los Seres Queridos
O presidente da Deputación de Pontevedra acaba de adiantar que o próximo mércores, 10 de abril, ás 19:30 horas Vigo será o escenario da Gala de Turismo 100% Rías Baixas. Esta “festa da excelencia turística da provincia”, como a definiu Luis López, terá lugar no Pazo Los Escudos e nela faranse entrega dos distintivos de calidade do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Ademais, contará con proxeccións audiovisuais, espectáculos de danza da man da bailarina Eva Comesaña (unha das protagonistas da campaña 100% Rías Baixas) e a música de Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron e do grupo Eladio y los Seres Queridos.
A Gala de Turismo terá como fío condutor a campaña 100% Rías Baixas, baseada na auga. Ao mesmo tempo, segundo avanzou o presidente da Deputación, “porá en valor un destino infinito que ano tras ano ofrece máis costa, máis natureza, máis deporte, máis gastronomía, máis historia, máis termalismo e máis celebracións”. Precisamente este sete eixos temáticos serán os bloques nos que se dividirá a Gala de Turismo.
Ademais, no transcurso do acto, porase en valor “o atractivo que Rías Baixas ten en Galicia, en España e en todo o mundo e bo facer do sector turístico”. Deste xeito, na Gala serán protagonistas, tal e como avanzou o presidente Luis López, “as preto de 400 empresas que contan, ou están a piques de contar, co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129