PROVINCIA
Tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade, no emprego de Google para a promoción de empresas e no metaverso
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán cuestións relacionadas coa ciberseguridade, o emprego de Google para a promoción de empresas e o metaverso.
As accións formativas comezarán este luns, 8 de abril, ás 10:30 horas, con “Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xenerativa”. A través deste taller, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire, preténdese dar a coñecer as precaucións que se deben tomar á hora de empregar ferramentas de Intelixencia Artificial xerativa como Chat GPT ou Copilot.
O mércores 10, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar “Promociona o teu negocio co perfil de empresa de Google” a cargo de Adrián Fernández, asesor de empresas no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Este obradoiro está destinado a aqueles pequenos negocios que buscan obter unha maior visibilidade grazas aos datos obtidos pola xeolocalización ou polas procuras da súa potencial clientela.
Finalmente o xoves 11, a partir das 11:00, Manuel Freire, impartirá o taller “Horizon Workrooms – obradoiro desde o metaverso” na plataforma Horizon Workrooms coa que poder asistir a reunións a través dun avatar, ou de xeito telemático mediante a pantalla do dispositivo. No obradoiro explicaranse as principais características desta ferramenta, así como introducirase ás persoas asistentes nas intelixencias artificiais xeradoras de textos e imaxes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60