SALVATERRA DE MIÑO
Unha sentenza reafirma que Chan da Ponte é municipal
A alcaldesa de Salvaterra de Miño valora moi positivamente a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que da seguridade xuridica ao polígono industrial Chan da Ponte e aos centos de postos de traballo que xenera
Dende que no ano 2020 a Comunidade de Montes de Salvaterra tramitara a denuncia formal ao Concello pola parcela de Bouza do Viso en Chan da Ponte, e os diferentes actos de conciliación aos que estaba instando a diferentes empresas que desenvolven a súa actividade no Polígono Municipal estaban xerando unha situación de confusión, incertidume e medo entre os empresarios. Esta sentenza pon punto e final a esta situación e reafirma que Chan da Ponte é municipal.
A sentenza emitida o 02/04/2024 é firme é desestima a demanda interposta pola CCMM de Salvaterra de Miño.
O 9/12/20 era admitida a demanda interposta pola CCMM de Salvaterra de Miño contra o Concello de Salvaterra de Miño onde pedían que se declarara a parcela de monte denominada Bouza do Viso – en Chan da Ponte, como propiedade da Comunidade de Montes, por vir facendo un uso inmemorial dela os veciños e veciñas da parroquia de Salvaterra na forma prevista na lei 13/1989.
Despois que a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución no3 de Ponteareas ditara sentenza o 7/06/2022 desestimando integramente a demanda interposta pola CCMM de Salvaterra de Miño, alegando a falta de prova do aproveitamento e a imposibilidade de determinar a extensión, límites e sobre todo a situación do monte Chan da Ponte. Sinalando que o descoñecemento da situación do monte impedía afirmar que a parcela discutida encontrábase dentro de dito monte e manifestando que a CCMM tampouco conseguira acreditar o uso inmemorial da parcela polos veciños da parroquia de San Lorenzo, e a Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra dictara entenza con data 27/04/2023 estimando o recurso da CCMM ao entender que aínda que no se coñecesen os lindeiros do monte comunal, a parcela Bouza do Viso atopábase enclavada dentro de dito monte, resultando innecesario acreditar o uso que se viña facendo da mesma, nin a revisión da ubicación do monte.
Agora o Tribunal Superior de Xustiza ven a ditar con data 2/04/2024 nova sentenza (en este caso firme) que deixa sen efecto a de Audiencia, confirmando a de primeira instancia, reiterando e insistindo en que a CCMM non acreditou en ningún momento o uso consuetudinario da parcela Bouza do Viso reclamada.
Con elo se ven a estimar o recurso de casación interposto polo Concello de Salvaterra de Miño a través da súa asesoría xurídica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60