VIGO
Reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia no edificio da Xunta en Vigo
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, presidiu a xuntanza celebrada coas forzas e corpos de seguridade para coordinar o Plan de Autoprotección
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este pasado venres a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia que acollerá proximamente o edificio administrativo do Goberno galego na cidade. A representante autonómica convocou a xuntanza á que asistiron as forzas e corpos de seguridade para coordinar aos equipos que se despregarán durante o exercicio e agradeceu a asistencia e cooperación de todos os estamentos.
“O obxectivo é estar preparados e contar cunhas directrices claras para poder preparar o simulacro que nos permita actuar da mellor forma posible en caso dunha emerxencia real”, sinalou a delegada territorial. Ademais de Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil, 061 e Bombeiros de Vigo, tamén asistiron responsables da Autoridade Portuaria e do Consorcio da Zona Franca.
Ana Ortiz tamén destacou que o simulacro que se realizará na sede da delegación territorial de Vigo durará aproximadamente unha hora e media e terá como finalidade poñer a proba o Plan de Autoprotección do edificio administrativo, ademais de formar aos centos de traballadores que cada día acoden ao seu posto de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129