DEPORTES
Celebración dos éxitos das campioas de Muay Thai Erika e Elora Abilleira
A vicepresidenta e responsable de Deportes, Luisa Sánchez, e o deputado Jorge Cubela, recibiron ás dúas deportistas tras alzarse co título mundial e co galego
A vicepresidenta segunda e responsable provincial de Deportes, Luisa Sánchez, e o deputado Jorge Cubela recibiron onte no Pazo provincial ás deportistas Erika e Elora Abilleira, as irmás de Cerdedo-Cotobade que acaban de alzarse co título mundial e co galego, respectivamente, de Muay Thai, unha disciplina deportiva coñecida como boxeo tailandés.
A vicepresidenta provincial aproveitou a ocasión para dar os parabéns ás dúas deportistas por “facer historia” cos seus respectivos títulos. “Conseguistes, en pouco tempo, facer que esta disciplina destaque”, asegurou, ao tempo que recoñeceu que o muay thai é unha disciplina pouco coñecida na actualidade, “polo que tendes a responsabilidade de que exista un efecto chamada e a nosa responsabilidade é apoiarvos para poder continuar por esa vía”. Luisa Sánchez lembrou que o deporte é “unha aposta estratéxica” do actual goberno provincial, tanto na elite como na base. “Fixemos un esforzo inversor enorme para chegar alí onde vós non podedes chegar”.
Pola súa banda, Jorge Cubela, tamén alcalde de Cerdedo-Cotobade, explicou que as dúas deportistas “levan desde pequenas acadando éxitos deportivos no Muay Thai, cando podían ter elixido outro tipo de deportes máis visibles”. Por iso, recoñeceu o seu traballo “que está deixando un gran sabor en Cerdedo-Cotobade e nos permite darnos a coñecer aínda máis”, ademais de agradecer e dar os parabéns ao seu “mestre e adestrador, o tamén cotobadés Toni Garrido”.
Erika Abilleira conseguiu, no seu primeiro ano natural de competición, proclamarse, ademais de campioa mundial AITMA IMTF 2024, campioa galega e subcampioa de España de kickboxing 2023. Pola súa parte, no mesmo tempo Elora Abilleira conseguiu facerse co título galego deste ano, ademais de gañar o Torneo Ribeira Sacra 2023. Ambas as dúas levan cinco anos practicando este deporte, adestradas por Antonio Garrido na Hong Muay Thai Academy, en Cerdedo-Cotobade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60