Vigo
Aprobado o proxecto da nova grada de Gol en Balaídos
A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde a semana pasadaao proxecto do nova grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos, por un importe de 25.642.713 euros. A nova grada será “practicamente unha réplica da de Marcador”, co cal situaráse a “tan só 8,5 metros do terreo de xogo, en paralelo á liña de fondo”, para que os espectadores teñan unha visión despexada e completa.
Abel Caballero destacou o incremento de aforo, “pasando dos aproximadamente 4.000 espectadores actuais ata os 6.500 espectadores”. Proxéctanse 6 escaleiras de amplas dimensións e 8 ascensores “que facilitan a mobilidade de forma notable”, dando servizo tamén “ás bancadas de Río e Tribuna, xerando un anel perimetral de bancadas conectadas, entre os diferentes niveis”. As butacas elixidas son as mesmas que no resto do estadio. O proxecto contempla “un tanque de almacenamento de augas pluviais para a súa reutilización co rego do céspede”.
A “gran novidade”, como exclamou o rexedor olívico, “é a creación dun novo espazo aporticado de máis de 500 metros de lonxitude, enlazando o anel de soportais de Gol e Marcador entre si, creando un novo espazo público cuberto”, o que implicará “a intervención sobre a fachada xa reformada de Tribuna”.
O alcalde no quixo perder a oportunidade para atacar a outras administración de distinta cor política declarando que “estamos agardando a que a Deputación de Pontevedra firme o convenio da grada de Gol”, sentenciou Caballero, engadindo que “arrancamos xa, porque queren atrasarnos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129