Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
BAIONA

O BNG esixe medidas urxentes en políticas de vivenda

Aseguran que Baiona é o concello galego máis caro para comprar vivenda cun prezo de 2.850 € por metro cadrado

Empresas de taxación de vivendas e portais especializados en venta veñen de confirmar recentemente que Baiona xa é o concello galego máis caro para comprar unha vivenda. Lidera esta clasificación cun custe medio de 2.850 €/m2 superando a Sanxenxo (2.845 €/m2), e as grandes cidades do país: A Coruña (2.737 €/m2), Santiago (2.555 €/m2), Vigo (2.475 €/m2) ou Pontevedra (2.210 €/m2)

 

 

O Bloque Nacionalista Galego esixe á Xunta de Galiza actuar con urxencia ante a cada vez maior dificultade das baionesas e baioneses para acceder a unha vivenda xa que, con este prezo, a compra dunha vivenda de 70 m2 chega a 200.000 € e unha de 100 m2 alcanza os 285.000 €. Estes prezos son prohibitivos para a grande maioría das persoas en xeral, e para a mocidade en particular.

 

Os nacionalistas apuntan que a falla de planificación urbanística, a presión dos pisos turísticos e a constante inacción por parte do Partido Popular producen este grave problema. Así, Baiona conta con máis de 1.000 vivendas desocupadas e máis de 2.000 residencias secundarias.

 

O BNG sinala como fundamental ordenar e aumentar o parque público, ben sexa mediante nova construción ou mediante a adquisición de inmóbeis sen uso, como alternativa para solucionar este problema residencial que expulsa e dificulta, cada vez máis, á veciñanza de Baiona poder vivir no seu concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.