Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 09 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello promociona a nova edición da novela de Carlos Meixide, “Cans”

Autoeditada e ilustrada por María Mejide, a novela conta a historia dun grupo de mozos, os cinco de Ons, que deciden rodar unha curta durante o Festival

Xa non queda nada para o XXI Festival de Cans e o Concello do Porriño xa vai quentando motores. Co fin de promover o certame, dende a concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, lánzase unha nova edición da novela de Carlos Meixide, “Cans”, que ten como escenario o festival e a aldea que lle da nome.

 

 

Trátase da décimo cuarta edición da obra que levará outros cen exemplares ás librarías. Cabe destacar que dende que se publicara por primeira vez no ano 2016 vendéronse xa máis de 2000 exemplares.

 

Autoeditada e ilustrada por María Mejide, a novela conta a historia dun grupo de mozos, os cinco de Ons, que deciden rodar unha curta durante o Festival. Ao longo da historia aparecerán persoaxes que de seguro resultarán moi familiares aos/as lectores e a calquer asíduo ao certame: actores e actrices, xornalistas, cineastas e veciños/as da aldea. Todos eles formando parte dunha novela con moitos rasgos de humor propios do autor, pero tamén con partes de suspense e misterio.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiu hoxe ao autor na casa consistorial para presentar esta nova edición da novela. “É un luxo que alguén como Carlos Meixide contribúa á promoción do festival , de Cans e do Porriño a través da súa historia”, apuntou o rexedor, “Estou seguro que, igual que lles pasou aos cinco de Ons, todo aquel que veña ao Festival estou seguro que os atrapará”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.