Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 09 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Ponte a Zero” será unha ferramenta "clave" para sensibilizar á mocidade na reciclaxe

O organismo provincial achega 150.000 euros para executar un proxecto de educación ambiental que se desenvolverá nos centros educativos da provincia ao longo deste 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou onte luns o convenio de colaboración entre a Deputación e o Ceida (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) para poñer en marcha o programa “Ponte a Zero”, un proxecto que ten como obxectivo educar e sensibilizar á poboación en idade escolar sobre a necesidade de reducir e realizar unha correcta xestión dos residuos. “Seguimos dando pasos cara adiante para lograr os obxectivos en reciclaxe. As cifras din que temos moito que mellorar e temos marxe para facelo”, afirmou o mandatario provincial.

 

 

Cunha achega de 150.000 euros por parte da organismo provincial, o programa levarase a cabo nos centros educativos da provincia, tanto para o alumnado de Educación Infantil, como de Primaria e Secundaria. A través de diversas actividades, que van desde exposicións, obradoiros e actividades lúdicas e educativas, os estudantes e o profesorado tomará conciencia da problemática dos residuos e o seu tratamento, así como das ferramentas para minimizar o seu impacto, promover a separación dos mesmos e o fomento de actitudes cívicas co medio natural.

 

O programa, que xa fóra presentado á comunidade educativa o pasado mes de novembro cunha visita do titular da Deputación ao CEIP Serra Vincios de Gondomar,  desenvolverase ao longo deste presente ano 2024 e supón unha nova mostra do compromiso da Deputación co coidado do medio ambiente e cunha axeitada xestión dos residuos. De feito, o goberno provincial xa ten en marcha, en colaboración cos concellos, un programa de inspección e información sobre a separación do lixo nos establecementos comerciais e hostaleiros. “A Deputación vai seguir traballando para conseguir os seus obxectivos”, subliñou o presidente en referencia á xestión dos residuos.

 

Finalmente, o mandatario provincial reiterou a vontade da Deputación de seguir colaborando co Ceida neste eido e fixo fincapé na importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas en centros educativos para conseguir unha mocidade máis informada e concienciada coa sustentabilidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.