GALICIA
A Xunta presenta a campaña de verán para o ano 2024 cun novo récord de prazas
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, presentou onte á a programación para este ano
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, presentou a programación da campaña de verán para este ano 2024 que contará cun novo récord de prazas: serán máis de 11.500, 300 máis que na pasada edición. Ademais, contará con novas instalacións e actividades que lle permitirá á xuventude vivir ‘O teu mellor verán’, tal e como recolle o lema deste ano.
Entre as novidades destacan catro novos campamentos: en Boiro, de índole artístico; no Monte do Gozo (Santiago), que terá como temática a música; no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá; e tamén un novo campamento en Allariz, no Centro de Formación Valverde. Incluirase tamén unha convocatoria específica para persoas con discapacidade que volverá a contar con 250 prazas.
Con respecto aos campos de voluntariado, crearanse seis novos: cinco de carácter nacional: Aranga (A Coruña), Samos (Lugo), Ribadavia (Ourense), Poio (Pontevedra) e en Ponteareas (Pontevedra); e outro de carácter internacional, na Merca (Ourense). Tamén se repetirá o campo de voluntariado específico para persoas galegas no exterior no Castro de Viladonga (Castro de Rei).
Novo programa de ocio alternativo
Ademais, impulsarase un novo programa de ocio alternativo, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos en cinco instalacións de toda Galicia de xoves a domingo. Terá lugar nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz ou no albergue montañas de Trevinca (A Veiga).
Esta oferta compleméntase cos minicampamentos ‘Coñece Galicia’ cuxa oferta se dará a coñecer máis adiante; e cos intercambios con outras comunidades autónomas. Neste respecto, á oferta tradicional sumaranse novos campamentos en Estremadura e en Castela a Mancha, con temática teatral e que terá lugar no albergue de San Servando, en Toledo.
Apertura de prazo
O Diario Oficial de Galicia publicará a oferta de campamentos o vindeiro 16 de abril. A partir do día seguinte —do mércores 17— e ata o 30 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza. Os campamentos deberán solicitarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mentres que os campos de voluntariado faranse a través dun formulario na páxina web de Xuventude.
A oferta con todos os campamentos de verán dispoñibles poderase consultar desde hoxe mesmo na páxina web de Xuventude. Deste xeito, as familias e os rapaces poden planificar as súas datas e destinos favoritos.
Apertura da piscina en Marina Española
Fabiola García presentou esta nova oferta no albergue xuvenil Marina Española, unha das instalacións máis demandadas e con máis historia que tamén contará este ano cunha novidade moi agardada. Logo de doce anos pechada, os mozos que acudan a este campamento poderán volver desfrutar da súa emblemática piscina. O Goberno galego destinou as obras de mellora un orzamento de 370.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129