MOS
Alfacuca será un ano máis epicentro internacional do Voluntariado Xuvenil
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado concede a Mos a 3ª edición do Campo de Voluntariado de Verán nesta aldea da parroquia de Louredo
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mocidade mosense, Julia Loureiro, informaron de que desde o Concello de Mos vénse de recibir hoxe por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV) - que dirixe a Directora Xeral Cristina Pichela- da consellería de Política Social da Xunta de Galicia; a notificación da aceptación e financiación da proposta do III Campo de Voluntariado Internacional na Aldea Alfacuca. Proxecto que será incorporado á programación de campos de voluntariado da Campaña de verán 2024 de Xunventude da Xunta de Galicia.
O Campo mosense desenvolverase entre as datas do 23/07/2024 e o 03/08/2024 e nel participarán 15 persoas voluntarias con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
Tras os dous primeiros Campos de Voluntariado desenvolvidos en Alfacuca nos anos 2022 e 2023, a proposta para 2024 plantexa unha serie de intervencións fundamentadas no mantemento das xa realizadas e preexistentes e a inclusión dunha nova liña de actuación de “xardinería” na que se realizarán coidados (poda, titorización, renovación de alcorques...) do xardín sensorial e o bosque comestible plantados en 2022.
Outras das actuacións serán: descortezado de Acacias para afondar no comezado o ano anterior e seguir liberando a Aldea Alfacuca da presencia destas árbores invasoras. Rehabilitación e acondicionamento das instalacións da aldea: dotar aos espazos existentes de maiores posibilidades colocando tarima nas construcións rehabilitadas e que contan con placa de formigón no chan; instalación dun baño nas casetas que contan coa instalación de fontanería e auga; encintado das edificacións que están sen rehabilitar… etc.
A finalidade deste Campo de Voluntariado, segundo explicaron as representantes municipais Arévalo e Loureiro, é “dar a coñecer o Concello de Mos e o seu patrimonio material e inmaterial, en especial esta aldea de gran interese histórico, etnográfico e cultural, participando na consolidación e acondicionamento deste espazo para que poida ser utilizado como un lugar de aprendizaxe e reconexión coa natureza aproveitando todo o seu potencial”.
Durante o desenvolvemento do Campo as persoas participantes poderán vivir dun xeito alternativo e diferente as vacacións de verán, traballar na mellora e posta en valor da Aldea Alfacuca e axudar no coidado e consolidación das intervencións dos anos anteriores: xardín sensorial, bosque comestible e composteiro veciñal. Axudar na rehabilitación e acondicionamento dos espazos: colocación de tarimas nas casetas rehabilitadas, instalación dun baño nunha das casetas, encintado de casas sen rehabilitar. Axudar na rehabilitación e acondicionamento dos espazos: colocación de tarimas nas casetas rehabilitadas, instalación de baño, encintado de edificacións sen rehabilitar. E dar a coñecer e dinamizar este espazo difundindo todo o seu potencial a través de dinámicas e xornadas propostas e deseñadas polas propias voluntarias.
Pola súa banda o equipo técnico que acompañe e traballe coa mocidade participante centratase en facilitar o coñecemento entre os participantes creando ao mesmo tempo unha atmosfera de respecto mutuo, involucrar aos participantes na programación e desenvolvemento do Campo e as súas actividades, axudar aos participantes coa súa integración, facilitando a súa participación e implicación no Campo, dinamizar o traballo e as actividades complementarias do voluntariado; e traducir e interpretar nos casos que fose preciso.
Deste xeito a iniciativa servirá un ano máis para dar a coñecer a Aldea Alfacuca entre a veciñanza, e axudar a poñela en valor e implicar ás mesmas no seu desfrute e tamén coidado. Servir como referencia para coñecer a comarca do Val da Louriña. Implicar aos participantes no mantemento e posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico, arqueolóxico e artístico. E fomentar valores de traballo en equipo e solidariedade.
Ademais de tódalas labouras anteriormente descritas as persoas participantes no Campo mosense realizarán diversas saídas lúdico-didácticas e desenvolverán obradoridos de Instrumentos musicais con materia vexetal, Baile galego, Caixas niño, construción dun Bichotel: casiñas para polinizadores e de trampas para velutinas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60