Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 09 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Destacados xogadores do tenis de mesa fan historia dende Mos

Dous xogadores en cadeira de rodas do Club Tenis de Mesa Mos pasan á historia por ser os primeiros galegos en converterse en campións de España nesta modalidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes mosense, Feli Rodríguez, achegáronse ata as instalacións do Club Tenis de Mesa de Mos para felicitar a dous dos seus deportistas que se atopan na élite do tenis de mesa a nivel nacional.

 


Trátase de Iván Pombo e Martina Sande, ambos campións na modalidade de cadeira de rodas. En representación de Martina asistiu a súa nai, Maite Martíns, por non poder acudir a propia Martina por problemas de saúde.


Durante a visita puxéronse en valor os logros dos tenistas de mesa Iván Pombo e Martina Sande. Iván Pombo conseguiu ser CAMPIÓN de España de C1 (en Zamora 2023) e ser o PRIMEIRO xogador da historia de Mos e do tenis de mesa galego en ser Campión de España en cadeira de rodas. Ademais, acaba de ser recoñecido pola Xunta como deportista de ALTO RENDEMENTO. Martina Sande conseguiu ser CAMPIOA do Estatal en Cadeira de rodas (Tarragona 2024), e así, convértese na PRIMEIRA muller galega en conseguir este logro. Ademais, Martina foi a PRIMEIRA xogadora do Club Tenis de Mesa Mos en ir coa SELECCIÓN ESPAÑOLA ao ParaOpen Costa Brava de España 2023.


Neste senso a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, agradeceu “o gran labor do Club Tenis de Mesa Mos e en especial do seu adestrador, Samuel Pereiro, alma do clube e do tenis de mesa no municipio”, así como salientou que “hoxe queremos felicitar polos seus grandes logros a dúas persoas moi especiais, Martina e Iván, así como darlles moitos folgos para continuar, xa que son un orgullo para Mos, e un exemplo de esforzo e superación… unha lección de vida e de deporte para todos nós”, declarou Arévalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.