MOS
O Concello contratará a dúas mulleres vítimas de violencia
Próximamente iniciará a contratación de mulleres vítimas de violencia grazas a unha axuda da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Tras un intenso mes de marzo dedicado a reivindicar, promocionar, potenciar e promover a igualdade da muller en Mos, a localidade mosense fomenta a continuidade deste espírito concienciador mediante iniciativas a desenvolver durante o presente mes de abril, como é o caso das terceiras Xornadas da Muller do Concello de Mos -organizadas polo CIM mosense os vindeiros 17 e 18 de abril- que este ano versarán sobre conciliación familiar e que contarán con ponentes da talla de Jero García, Juan Carlos Diz, Paula C. Frías, Carmen Raña, Paula Blasco, Consuelo Arenosa e Helena Lopo. E do programa anual de contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Cada ano desde o Concello de Mos promóvese a contratación de mulleres nesta situación para fomentar a súa autoestima, empoderamento e autonomía económica ao tempo que se evita e/ou minimiza o risco de exclusión social e a estigmatización. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Igualdade, Leo Costas, quenes deron a boa nova de que dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vénlle de ser remitida á administración local mosense a resolución favorable de concesión de subvención para a contratación de 2 mulleres vítimas de violencia de xénero, durante 12 meses.
Para elo desde a Secretaría Xeral da Igualdade finánciase o 100% da contratación durante un ano de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero por parte do Concello de Mos, para o que se destina un orzamento total de 56.793,84€. Os contratos de traballo deberán estar formalizados con data límite 30 de setembro de 2024.
O proceso de selección realizarase en coordinación e colaboración co Centro de Información á Muller, CIM de Mos, pois o Centro conta con mulleres usuarias que se corresponden co perfil a contratar a través deste programa.
Neste senso os representantes municipais Arévalo e Costas destacaron “a importancia do traballo, a xestión e a colaboración conxunta entre administracións para promover e impulsar políticas de erradicación e loita contra a violencia de xénero e que, para elo, subvencións como esta habilitada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta, destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia, son fundamentais para as administracións máis pequenas e máis próximas á veciñanza pero con menos orzamento e recursos económicos para elo, e sen competencias directas na materia” e ademáis agradeceron á administración autonómica “que estea volcada na colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60