Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño abre un cuestionario en liña para escoitar á veciñanza

O Concello do Porriño, no marco do deseño da súa Axenda Urbana e Rural, habilita un cuestionario en liña para coñecer as impresións da veciñanza acerca da situación actual do municipio e as súas propostas para o futuro

O Concello do Porriño sigue avanzando na elaboración da súa axenda urbana abrindoa á participación de toda a veciñanza a través dun cuestionario que ten como principal obxectivo coñecer as súas impresións acerca da situación actual do municipio e as súas propostas para o futuro.

 

 

Como adiantaron dende a entidade en días anteriores, a elaboración do documento estratéxico que marcará o camiño a seguir os próximos anos atópase en fase de participación tras o diagnóstico inicial. Esta semana están a desenvolverse as mesas sectoriais para determinar aspectos clave nos diferentes eidos, nas que están chamadas a participar as entidades sociais, económicas, medioambientais e políticas do Porriño.

 

Amte a importancia dos cambios que xerarán os proxectos e actuacións incluídos nesta axenda urbana de cara a xerar novas oportunidades para persoas e empresas na vila, dende o Concello abren o proceso para coñecer a opinión dos veciños e veciñas e convidalos a participar a través do cuestionario disponible na páxina web https://axendaurbanaoporrino.com/ , onde tamén se poderá acceder a toda a información relativa á Axenda Urbana e Rural que se está a desenvolver.

 

“A participación e o compromiso de toda a poboación é clave para alcanzar os obxectivos propostos e construír un futuro sostible para O Porriño a través dun enfoque integrador e inclusivo”, explicou o rexedor, “O consenso é esencial para crear un Porriño máis cohesionado, dinámico e amable”.

 

Cabe destacar que a enquisa é totalmente anónima, e pretende tan só obter a valoración por parte da cidadanía dos retos identificados nunha primeira fase de diagnose para, a continuación, dar resposta a estas problemáticas a través de proxectos e accións concretas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.