Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A sentenza que declara municipal unha parcela industrial de Salvaterra non frea a ameaza dos comuneiros

A Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes entende que o optimismo da alcaldesa respecto ao fallo xera “moi falsas expectativas”

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declara municipal un terreo do polígono industrial de Chan da Ponte, en Salvaterra do Miño, mantén o criterio de anteriores resolucións e non minimiza a ameaza das demandas das comunidades de montes para facerse coa titularidade de parcelas de empresas e particulares.

 


A Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes entende que non está para nada xustificado o optimismo transmitido pola alcaldesa deste concello pontevedrés tras o fallo do TSXG, pois aínda que a sentenza é positiva, non invalida en absoluto o axioma que sustenta a maioría destes procesos, é dicir, que a propiedade do monte é dos comuneiros dende tempo inmemorial e que esta quedou plasmada en levantamentos administrativos da última década do século XIX.


Na nova resolución, o Tribunal entende que non existe proba suficiente que demostre que a parcela do Concello, de algo más de 9.000 metros cadrados, está dentro dos límites do monte, pois en realidade non hai unha delimitación exacta e concreta do mesmo. En consecuencia tampouco queda constatado o aproveitamento inmemorial da parcela, extremo indispensable para ter a consideración de monte comunal.


Beatriz Ucha, presidenta da Plataforma, defende que a posición da alcaldesa, “aínda que comprensible por ser a parte finalmente gañadora do litixio, pode xerar moi falsas expectativas no conflito, pois en realidade non cambia a ameaza sobre calquera terreo que os comuneiros si sexan capaces de situar dentro do monte segundo os seus planos ou fotocopias de máis dun século para atrás”.


A Plataforma sostén que só un cambio lexislativo, comprometido hai tempo polo goberno galego, pode outorgar seguridade xurídica ás empresas e particulares que por boa parte da xeografía galega están a verse inmersas en litixios deste tipo coas comunidades de montes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.