PROVINCIA
A Deputación celebra este mércores en Vigo a Gala Provincial de Turismo 100% Rías Baixas
O espectáculo, que terá lugar ás 19:30 horas, renderá homenaxe ao sector turístico da provincia e servirá para facer entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino
A “festa da excelencia turística da provincia”, como así definiu o presidente da Deputación Luis López á Gala Provincial de Turismo, chega este mércores, ás 19:30 horas, a Vigo. O Pazo Los Escudos será o escenario dun espectáculo presentado pola xornalista Susana Pedreira no que se renderá homenaxe ao sector turístico da provincia e se entregarán os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.
A Gala Provincial de Turismo, tal e como informou o presidente, terá como fío condutor a campaña 100% Rías Baixas, baseada na auga e contará con proxeccións audiovisuais, espectáculos de danza da man da bailarina Eva Comesaña (unha das protagonistas da campaña promocional de Rías Baixas deste ano) e a música de Xurxo Fernandes e Pan Sen Fron e do grupo Eladio y los Seres Queridos. Estará, ademais, estruturada en sete eixos temáticos vertebrados arredor da costa, da natureza, do deporte, da gastronomía, da historia, do termalismo e das celebracións.
Ademais, no transcurso do acto, porase en valor “o atractivo que Rías Baixas ten en Galicia, en España e en todo o mundo e o bo facer do sector turístico”. Deste xeito, na Gala Provincial serán protagonistas, tal e como avanzou Luis López, “as preto de 400 empresas que contan, ou están a piques de contar, co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60