Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e o Centro Superior de Investigacións Científicas difunden o patrimonio arqueolóxico da provincia

As accións están enmarcadas nun convenio valorado en 270.000 € para difundir, protexer e fomentar o valor cultural dos bens patrimoniais de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra o INCIPIT-CSIC (Instituto de Ciencias do Patrimonio pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas) inician este mércores unha nova quenda de charlas en centros de ensino co obxecto de difundir, protexer e fomentar o valor cultural dos bens patrimoniais da provincia. As accións están enmarcadas nun convenio asinado entre as dúas entidades, cunha dotación de 270.000 euros, e que consta de intervencións en espazos de interese arqueolóxico, charlas e conferencias e tamén a recuperación de materiais do Castro de Bendoiro (Lalín).

 

 

As charlas comezan este mércores 10 de abril no IES de Meaño, a cargo de César Parcero e Carlos Otero Vilariño, centrada nas “Enigmáticas marcas arqueolóxicas na paisaxe… ou non tanto. Banquete na Lanzada”. A seguinte actividade será este venres no IES de Sanxenxo, centrada tamén no “Banquete na Lanzada” e a cargo de Carlos Otero Vilariño. As charlas pecharanse o próximo 2 de maio no IES Pedra da Auga de Ponteareas, a cargo de Xosé Lois Armada, que falará sobre “Ouro, estaño e bronce: traballando o metal nos castros galaicos”.

 

No marco do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o INCIPIT-CSIC tamén se inclúe, por unha banda, intervencións en oito espazos de interese arqueolóxico da provincia: a Illa de San Sadurniño (Cambados), as Torres de Oeste (Catoira), Castrolandín (Cuntis) e os Chozos do Alén (Fornelos), o Castro de Garellas (Forcarei), os Petróglifos de Gargamala (Mondariz), o Cano dos Mouros (Oia) e Castro Alobre (Vilagarcía). Ademais, tamén contempla o estudo e restauración dunha selección de materiais procedente das intervencións efectuadas no Castro de Bendoiro (Lalín) en 2006 e 2007, cos que se elaborará unha exposición no Pazo de Liñares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.