NIGRAN
O concello de Nigrán climatiza o auditorio do 'C.C.R. O Torreiro' de Priegue
O investimento forma parte das subvencións directas outorgadas ás entidades do municipio e que inclúen un ascensor para facer accesible o C.C. Bolos da Carrasca, a impermeabilización do Centro Cultural A Camoesa e a reforma do C.C.Parada do Miñor
O Concello de Nigrán ven de climatizar o auditorio do C.C.R. 'O Torreiro de Priegue' a través dunha subvención directa para diferentes entidades do municipio. Esta instalación de aerotermia era unha vella necesidade do centro cultural, tanto para os meses de verán como de inverno, cando a temperatura non resultaba axeitada para poder estar presenciando un espectáculo cun mínimo grado de confort. Desde esta fin de semana pasada, grazas á climatización realizada pola empresa de Nigrán Aermov, tanto os espectadores como os "protagonistas" se benefician dela, xa que ademais permite que as agrupacións que ali ensaian poidan pechar o escenario e climatizar esa única zona en aras da máxima eficiencia e sostibilidade ambiental.
O Concello de Nigrán consignou 90.000 € para financiar cadansúa obra de mellora nas sedes dos centros culturais do municipio, os catro con problemas concretos que resolver pero ata agora parados por falta de cartos. Deste xeito, inclúe un ascensor para facer accesible o C.C. Bolos da Carrasca (Parada); a impermeabilización do Centro Cultural A Camoesa para acabar coas pingueiras; e unha reforma no C.C.Parada do Miñor (novas divisións e mellora de certos materiais).
"Consideramos que o Concello debe colaborar porque desenvolven actividades de interese para toda a veciñanza, polo que seguiremos colaborando coas entidades e, de feito, xa temos pechados novos proxectos con outras. En todos os casos, os investimentos suporán un cambio positivo moi radical", considera o alcalde, Juan González

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60