MOS
O 25 por cento dos participantes do PIE xa se atopan traballando
Esta "elevada porcentaxe de inserción laboral acádase en tan só tres meses de desenvolvemento dun programa que ten unha duración total dun ano" explican dende o Concello
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, informaron da notable porcentanxe de inserción laboral que leva acadado xa a 9ª edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos a tan só 3 meses do seu inicio (a duración total é dun ano). As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, apuntaron que “a data de hoxe e a tan só uns meses despois do seu inicio xa está o 25% de usuarios/as traballando, e esta porcentaxe irá aumentando nos próximos meses, ata acadar o obxectivo de inserción do programa, que é o 45%, ou moi probablemente sobrepasándoo como logramos en anos anteriores”.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, está cofinanciado pola Dirección Xeral de Formación e Orientación para o Emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e nel participan 100 usuarios/as de Mos en busca activa de emprego.
Este Programa desenvolveu, dende o seu inicio a finais do ano pasado, 8 accións formativas nas que participaron aproximadamente o 70% usuarios/as. Estas accións formativas centráronse no desenvolvemento de competencias persoáis e profesionáis para o traballo en equipo, dinámicas colaborativas, ferramentas tecnolóxicas para a busca de emprego e Igualdade. Así mesmo iniciaronse as accións formativas certificadas polo Servizo Público de Emprego (SEPE) do itinerario de comercio e hostelería, en previsión de cubrir as necesidades que estes sectores van a ter nos próximos meses.
Ademais 15 alumnos/as realizaron antes de Semana Santa o curso de Operacións de Caixa (COMT012PO) e van a realizar as prácticas relacionadas con este curso en distintos supermercados e centros comerciáis de Mos.
Esta trátase da IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos. E neste senso a rexedora mosense, Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego, por iso quero agradecer a man tendida da Xunta de Galicia polo seu apoio incondicional a programas coma este no Concello de Mos, ás empresas pola súa colaboración e participación neles; e, aos usuarios e usuarias, animalos a seguir esforzándose e continuar formándose e realizando unha busca proactiva que, de seguro, dará os seus froitos”.
O VIII Programa Integrado de Mos, finalizado o 16 de novembro de 2023, e no que participaron outras 100 persoas, acadou unha porcentaxe de inserción superior ao 60%. Porcentaxe de inserción co que se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.
Os obxectivos dos Programas Integrados son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60