Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 11 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

Tui recibirá do CSD unha subvención de case 198 mil euros para a reforma das piscinas municipais

O goberno municipal traballa nunha segunda actuación para o cubrimento e climatización desta instalación

O Consello Superior de Deportes, en resolución provisional asinada polo seu Director Xeral, vén de aprobar unha subvención de 197.489,35 euros para a reforma das piscinas municipais, resolvendo así unha solicitude do Concello de Tui realizada ao abeiro das axudas convocadas  por  ese organismo para titulares de infraestruturas para a mellora e optimización de instalación e espazos deportivos que fomenten o turismo deportivo sostible, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 


Con esta subvención tratarase de solucionar os problemas de perda de auga da piscina municipal, así como a renovación dos equipos técnicos e unha mellora da infraestrutura exterior.


O Goberno Municipal está a traballar xa para unha segunda actuación que sería o cubrimento e climatización da mesma, a fin de que poida ser usada durante todo o ano, toda vez que hai unha crecente demanda deste Servizo por parte da poboación de máis idade con dificultade para se trasladar a outras localidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.