Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 13 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello recupera as axudas aos deportistas individuais

O orzamento total ascende ata os 200.000 euros, unha cifra que supera o dobre da contía de anos anterior

O Concello recupera nas subvencións de promoción e apoio ao deporte da vila as axudas que teñen como obxectivo apoiar aos veciños e as veciñas que destacan en disciplinas deportivas de xeito individual. Ademais, por primeira vez na historia do municipio inclúese ao sector do motor. As bases, ás que tamén se poden presentar os diferentes clubs da vila, xa están publicadas en réxime de concorrencia competitiva e xa se poden presentar as solicitudes.

 

 

Deste xeito, o Concello recupera as axudas que teñen como obxectivo apoiar aos veciños e as veciñas que necesitan o apoio da administración local para seguir adestrando de xeito individual nas súas disciplinas deportivas. Poderán optar as persoas empadroadas no municipio que conten cunha licenza federativa, entre outras cuestións. En canto aos clubs, poderán presentarse aqueles que estean legalmente constituídos e con domicilio fiscal na vila.

 

Ademais, por primeira vez na historia, a administración local inclúe nas liñas de axudas á promoción do deporte ao sector do motor. Así poderán optar a elas os veciños e as veciñas que participen en diferentes campionatos relacionados cos karts, motociclismo, rally ou calquera outra disciplina deste eido.

 

As tres liñas de subvencións, clubs deportivos, deportistas individuais e o sector do motor, publícanse en concorrencia competitiva cun orzamento total de 200.000 euros, unha contía que supera o dobre da contía de anos anteriores. Neste sentido, o edil de Deportes, Luís Rodríguez, apunta que “estas axudas dan resposta ás necesidades do tecido deportivo da vila posto que recuperamos o apoio aos veciños e as veciñas e incluímos a aqueles que destacan no sector do motor” e indicou que “os éxitos dos nosos deportistas é o noso orgullo e o Concello ten que estar ao carón deles e delas nos momentos que máis nos precisan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.