Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Presentación do certame “Vigo Histórico”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na presentación do Certame de relatos “Vigo Histórico”, que organiza a Editorial Elvira e que este ano chega á súa undécima edición “poñendo en valor a creatividade que emana de todos e cada un dos recunchos desta cidade de Vigo”. Sánchez  felicitou á editorial viguesa pola iniciativa e por mantela ao longo dos anos “con tanto esforzo e tesón”, conseguindo chegar a cada vez máis escritores e “traspasando fronteiras”. Tamén convidou a presentar propostas a este certame que abre  o prazo mañá, 11 de abril, e ata o 30 de xuño.

 

 

A vicepresidenta provincial aproveitou, ademais, a ocasión para amosar o compromiso da Deputación coa cultura destacando que “debemos impulsar e promover as letras, os autores, os novos creadores e as súas múltiples manifestacións e entidades. Queremos que a cultura, como dicía Oroza, estea ao alcance de todo o mundo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.