Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 11 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG denuncia deficiencias na reforma da Praza de Abastos

O grupo municipal do BNG levará ao pleno o descontento dos praceiros e das praceiras coas obras levadas a cabo no mercado

Tres semanas despois da festa de inauguración da Praza de Abastos do Porriño por parte do Alcalde, acompañado da Conselleira de Emprego da Xunta de Galicia, saen á luz as primeiras críticas sobre a reforma. Praceiras e praceiros están a manifestar non estar satisfeitos cos cambios realizados.

 


Unha das queixas máis recorrentes refírese á elevación dos mostradores entre 15-20 centímetros, sendo aínda superior na zona da peixaría. Este aumento de altura non beneficia nin a quen compra nin a quen vende. Esta altura provocou que os distintos praceiros e praceiras tiveran que poñer palés para poder estar á altura do mostrador e así ter máis comodidade ó desenvolver o seu traballo. Son estruturas improvisadas por elas mesmas ante a falta de solucións desde o goberno municipal. Ademais, non cumpren a normativa, sendo un perigo para a seguridade laboral das traballadoras da praza tanto no uso para a venda como durante a súa colocación e retiro para limpar a zona.


Tamén existe malestar a respecto do empeoramento nos servizos de fontanería. Existen canalizacións de auga abertas con poucos rexistros para a limpeza dos lixos; as novas instalacións permiten o acceso de roedores polos tubos abertos no chan ós postos; hai billas xerais sen desaugues e un peor acceso dende peixaría a este servizo.

 

No caso particular da sección de peixaría, hai numerosos problemas cos lavadoiros: reduciuse o diámetro das tubaxes dos fregadeiros, polo que as posibilidades de atascamento aumentan; é imposible podelos desatascar por ser a tubaxe continua; hai xa fugas de auga e instalaron no chan un insuficiente número de novos desaugues, o que provoca o desborde e humidade constante da superficie desta zona da praza.


Outra das queixas, tanto de praceiras como de usuarias, é a gran cantidade de auga que se está a desperdiciar. Antes da reforma, nas peixarías, cada posto tiña un pedal que pulsaban e soltaban cada vez que precisaban que a billa botase auga. Agora, coa reforma, teñen un pulsador instantáneo polo que están a botar auga durante un tempo determinado, sempre a mesma cantidade, sen control por parte da persoa que o utiliza. Deste modo, a maioría das veces hai un consumo de auga moi superior ó necesario, desperdiciando un recurso básico.


Segundo o BNG, "todas as deficiencias ata o de agora detectadas foron trasladas ao Concello por parte das persoas usuarias da instalación. Non tiveron ata o momento ningunha contestación por parte do goberno que dirixe Alejandro Lorenzo".


“Non é de recibo que unha obra de mellora dunha infraestrutura, que supuxo a todas e todos os contribuíntes máis de 230.000 euros, fose feita con tan pouca planificación”, afirma o portavoz do BNG, Pedro Pereira. “Dende a administración dirixida por Alejandro Lorenzo, prometeuse converter a praza de abastos do Porriño nun lugar de referencia para o comercio local e para o lecer. Finalmente, encontrámonos con unha nova promesa baleira. As melloras non son visibles, os problemas, si. Ademais, a nivel estético, tampouco hai un cambio en sintonía cos que se poden apreciar noutras localidades próximas, coma Tomiño”, denuncia o concelleiro nacionalista.


O BNG preguntará no vindeiro pleno por todos estes problemas e outros que, tras a última reforma, se están a producir. Ademais, requiriralle á administración local unha resposta urxente a todas estas problemáticas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.