Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 13 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño acolle unha nova edición do curso de monitor de tempo libre

A primeira quenda tivo unha gran acollida e moitas persoas quedaron en lista de espera

A Concellería de Xuventude do Porriño, que dirixe Antonio Barros, presenta unha nova edición do curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, a desenvolver en seis fins de semana de maio e xuño no Centro Cultural Municipal, impartido pola Escola de Tempo Libre Scolé e a cooperativa Avada, especializada no sector.

 

 

Unha primeira quenda desta formación desenvolveuse nos meses de marzo e abril nas instalacións municipais, pero debido á gran acollida e sobretodo ao elevado número de persoas que quedaron en lista de espera, o Concello do Porriño agarda poder respostar ás inquedanzas formativas e laborais da súa mocidade.

 

Os contidos do curso impartiranse seguindo unha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Trátase dun curso de 200 horas, combinando a formación presencial de 125 h coa telemática, neste caso de 75 h, e cunha fase de prácticas obligatorias de 150 horas, a realizar unha vez rematado o curso.

 

O alumnado que remate o curso obterá o título oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre e aprenderá a dirixir actividades para grupos de persoas menores ou maiores, e así dinamizar, coidar, entreter e sobre todo educar mediante as súas accións.

 

Este curso é requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais, establecementos turísticos…

 

Desde hoxe ata o próximo 1 de maio poderanse realizar as inscricións (darase prioridade ás persoas empadroadas no Concello do Porriño ata o día 25 de abril) a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/s8aWwSZZA3DcS2ei7

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.