PROVINCIA
A Deputación investiu máis de 300.000 euros na mellora da estrada provincial EP-5104 en Covelo
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, realizou unha visita á estrada “co obxectivo de analizar de primeira man o resultado final da actuación”, xa rematada, que “consistiu na mellora do firme para garantir a seguridade viaria”
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Covelo xunto co seu alcalde, Pablo Castillo, a estrada provincial EP-5104 entre Maceira e Avión na que a Deputación de Pontevedra investiu máis de 300.000 euros. A visita tiña por obxectivo “analizar de primeira man o resultado final da actuación”, xa rematada, que, tal e como asegurou a deputada, “consistiu na mellora do firme para garantir a seguridade viaria da estrada provincial”.
A actuación desenvolvida abrangue un ámbito de 6.600 metros dos 10.500 que ten a estrada provincial entre Maceira e Avión. En liñas xerais executáronse melloras nos tramos que presentaban maiores deficiencias, reparando o firme para mellorar a súa capacidade portante e as súas características superficiais. Realizáronse tamén saneos, debido á presenza, entre outros elementos, de auga e raíces de árbores, e tamén se instalou drenaxe naqueles lugares onde había afloracións de auga na calzada. Ademais, na liña de mellorar a seguridade viaria da estrada e salvagardar a debida prestación do servizo público viario, a actuación completouse coa reposición da sinalización horizontal con pintura acrílica.
Durante a súa visita a Covelo, a deputada provincial comprometeuse co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a incluír a mellora na EP-5105 entre Maceira e A Graña no próximo paquete de medidas a desenvolver pola Deputación nas estradas provinciais. Ademais, recordou que a estes 300.000 euros investidos na EP-5104 entre Maceira e Avión, a institución provincial acometeu outras obras de conservación e mantemento en estradas da vila por valor de máis de 120.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60