MONDARIZ
ADEGA achega a problemática das especies invasoras ao alumnado de Mondariz co Proxecto Fluviatilis
ADEGA instalará este venres no CPI de Mondariz a súa exposición sobre especies exóticas invasoras, onde tamén se realizará unha saída ao río para coñecer de primeira man a problemática
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, continúa coas actividades enmarcadas no Proxecto Fluviatilis, que ten como obxectivo dar a coñecer os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais, así como promover actitudes e comportamentos que derivan nunha mellora dos ríos.
Este venres 12 de abril, ADEGA fará a súa terceira parada en 2024 nos centros educativos coa exposición sobre especies exóticas invasoras 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza'. En concreto, ADEGA instalará esta mostra no CPI de Mondariz, onde tamén realizará unha visita guiada e unha saída ao río Tea o mesmo día da instalación. A exposición estará no centro docente durante dúas semanas, ata o 26 de abril.
Deste xeito, a asociación ecoloxista amosará ao alumnado de primeira man a problemática das especies invasoras para os ecosistemas fluviais e tamén desde o punto de vista económico e para a saúde humana; e daranse a coñecer as principais especies presentes nos ríos de Galiza.
As actividades de educación, sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, incluídos os centros educativos, son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129