Galicia
O Parlamento de Galicia elixe presidente da Xunta a Alfonso Rueda
Nesta xornada do xoves 11 de abril, Alfonso Rueda foi investido presidente da Xunta por segunda vez, contando co apoio dos seus 40 deputados. Tanto a líder do BNG, Ana Pontón, con 25 deputados no seu grupo, como José Ramón Gómez Besteiro (á fronte dos socialistas), despois de reivindicarse como alternativa nas réplicas, manifestaron un 'non' rotundo a Rueda. O líder do PPdeG e presidente de Galicia por segunda vez, Alfonso Rueda, elevou este xoves o ton nas súas críticas ao Goberno central, ao tempo que, no marco de ofertas cruzadas de diálogo con poucas perspectivas de éxito -el mesmo reiterou a relativa ao pacto pola industria e a enerxía-, enfatizou a súa vitoria o 18F con aviso incluído: "As eleccións xa pasaron".
"As eleccións, ainda que polo que escoitei pola mañá, algúns ou algúnha non o entendesen, xa pasaron. E o que me toca a min e ao Goberno que designe para empezar a traballar a partir do luns é traballar para cumprir o que comprometemos", asegurou, na súa réplica aos grupos da segunda xornada do debate de investidura. Así, con este "novo" escenario político, Alfonso Rueda tomará posesión do seu cargo o próximo sábado 13 de abril. En maio de 2022 optou pola fórmula do xuramento e prestouno coa man sobre o Estatuto de Autonomía, paso que podería repetir. O que non repetirá é a ubicación, xa que decidiu cambiar a sede do Parlamento polo entorno de San Domingos de Bonaval, onde se sitúa o Panteón de Galegos Ilustres.
Ademais do simbolismo histórico, tamén é un lugar de memoria para os populares, posto que neste mesmo enclave, o xa finado presidente Gerardo Fernández Albor asumiu a Presidencia do Executivo galego na primeira lexislatura democrática de Galicia, o 21 de xaneiro de 1982. “Falta de proxecto de país”.
Na sesión matinal, Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSOE) tiveron ocasión de contrastar o discurso do martes de Rueda, mentres que Armando Ojea (o único deputado de DO) centrouse, basicamente, en relatar as actuacións que, ao seu xuízo, a Xunta ten que facer na súa provincia. "Eu son o presidente e vostede está na oposición. Non o asume, pero os galegos xa faláron. E nin sequera é capaz de dicir esa palabra maldita de que son o presidente legítimo", espetoulle Rueda no turno de réplica a Ana Pontón, ante a que axitou a vitoria do PP o 18-F.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129