SALVATERRA DE MIÑO
Jorge Cubela participa na presentación da Festa da Sementeira en Salvaterra de Miño
O deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou esta semana no Pazo das Barreiras de Salvaterra de Miño na presentación da décimo sexta edición da Festa da Sementeira e Música. A cita, organizada pola Asociación Cultural Quinta do Piñeiro, é, en palabras do deputado, “un xeito único de espallar as nosas tradicións máis senlleiras e a forma que temos de entender o rural”. Cunha ampla programación musical e diferentes actividades, a Festa da Sementeira convértese cada ano nunha cita interxeracional, na que desfrutan maiores é pequenos. “Unha experiencia 100% Rías Baixas e un festexo clave para a dinamización turística e económica de Salvaterra e do conxunto da provincia”, asegurou Jorge Cubela.
O responsable provincial de Cultura remarcou o compromiso da Deputación para “apoiar e impulsar celebracións como esta, que nos axudan a posicionarnos como un destino atractivo para todo tipo de públicos”, e animou aos amantes da música galega e das tradicións a acudir a Salvaterra de Miño e desfrutar da Festa da Sementeira os días 11 e 12 de maio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129