PROVINCIA
Sumar Galicia escolle a Luis Baena como o seu voceiro en Pontevedra
Esta xuntanza encádrase na rolda de reunións comarcais que o movemento laborista está realizando ao longo do País no seu proceso constituínte que culminará en novembro.
Luis Baena Blanco ten 39 anos, creceu no barrio de San Roque e actualmente vive na parroquia de Lérez. Traballa como educador social nun centro de menores especializado en saúde mental no concello de Ponte Caldelas.
Segundo Baena, “en Pontevedra existe un gran número de veciñas e veciños progresistas que non se senten representados polo PSdG nin polo BNG. Sumar debe ocupar ese espazo para traballar na mellora da vida da xente”.
Entre os próximos obxectivos márcanse as eleccións europeas e “pouco a pouco, traballar para construír unha alternativa progresista nas vindeiras eleccións municipais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60