Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos revisa empresas ás que non se lle cobrou lixo nos últimos catro anos

"O imposto municipal pola recollida de residuos leva conxelado desde 2012, sen ter sufrido incremento algún no seu importe dende hai 12 anos" aseguran nun comunicado feito público este venres

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Facenda e Economía, Feli Rodríguez, informaron de que o Plan Municipal de control de cumprimento coas taxas e tributos municipais, iniciado o pasado verán co comezo da nova lexislatura, empeza a dar os seus froitos e as arcas do Concello ingresarán este ano 2024 aproximadamente 800.000 euros máis entre o recibo do lixo, o IBI de Audasa pola autopista AP-9 e o inicio do cobro da taxa por uso de instalacións municipais.

 

 

As representantes locais Arévalo e Rodríguez declararon a este respecto que “este Plan responde á política de xestión económica eficaz e eficiente do goberno municipal e da concellería de Facenda en particular que, co apoio dos departamentos de Intervención e Tesourería, iniciou unha exhaustiva laboura de revisión e fiscalización para asegurar que todo o mundo cumpra coas súas obrigas tributarias sen prexuízos para ninguén; respondendo á máxima vontade de xustiza social”, explican.

 

Deste xeito o Concello de Mos comezou hai meses a revisión do Padrón das empresas que non estaban dadas de alta, para pasar a cobrarlles a taxa por recollida de lixo. Imposto municipal que non sofre incremento no seu importe dende hai 12 anos, pois leva conxelado desde 2012.

 

Con esta revisión a administración local pasará a ingresar uns 200.000 euros anuais máis, que en 2024 serán 600.000, ao contemplarse ata 3 anos con efecto retroactivo e cobrarse tamén os atrasos.

 

Por outra banda Audasa deberá aboar tamén ao Concello de Mos en 2024 170.000 euros en concepto de IBI pola Autopista AP-9 e reclámanselle tamén os 50.000 euros correspondentes ao pasado ano 2023 (desde data 21 de agosto). 

 

Por último o Concello de Mos, en aras de "continuar con este camiño de equidade e xustiza social respecto das obrigas tributarias, seguirá a traballar para actualizar o Padrón de todas as taxas e impostos e que toda a veciñanza, tanto empresa como habitantes particulares, contribúan en igualdade de condicións, sen agravios para ninguén" segundo explican nun comunicado de prensa.

 

 

AEMOS pide flexibilidade


Dende Aemos aseguran que a Administración local debe ter "certo grao de condescendencia" nese proceso, sobre todo ante pequenas compañías que se atopan agora cunha débeda moi elevada en relación á súa envergadura e que en ningún momento mostraron indicios de que houbese mala fe.

 

Neste sentido, a asociación ofrece a súa mediación ao Concello ante os seus asociados, pero non só para interceder a favor desa flexibilización, senón tamén para resolver casos nos que se está detectando que a reclamación por un servizo de recollida de lixo chega ao mesmo tempo a distintas entidades mercantís dependentes dunha mesma firma empresarial e radicadas nun único inmoble.

 

Aemos reitera no comunicado a súa "demanda de melloras en servizos e infraestruturas tanto nos propios polígonos como nas zonas nas que se asentan as empresas e que se atopan afastadas destes enclaves de concentración industrial". Fai uns meses a Asociación de Empresarios mosense dirixiu as súas principais peticións a algún polígono industrial específicamente, agora incide na necesidade de que esas melloras cheguen a calquera punto do termo municipal no que haxa actividade empresarial. O obxecto de esas actuacións sería non só a recollida de lixo, senón tamén saneamento, abastecemento, infraestruturas viarias ou telefonía, entre outras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.