Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Grafiti para "decorar" os refuxios para as colonias felinas en Mos

O xurado estará presidido polo recoñecido e premiado artista mural, Delio Rodríguez Ces

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, anunciaron o venres o lanzamento dun concurso de grafiti para embellecer os refuxios das colonias de gatos no municipio, no marco da campaña medioambiental "CoidaMOS".

 

 

O Concello de Mos, a través da súa área de Medio Ambiente, está comprometido coa sensibilización ecolóxica e promove diversas iniciativas nese ámbito. Neste caso, o concurso busca o deseño e posterior pintado artístico dos iglús de reciclaxe de vidro, que serán reutilizados como refuxios para as colonias de gatos do municipio.

 

As medidas do elemento a decorar son 1.70m de ancho por 1.90m de alto, e poderán participar no concurso todas as persoas aficionadas ao grafiti e á pintura mural, maiores de 16 anos, co consentimento dos seus pais.

 

Os interesados poderán presentar as súas propostas de deseño do 15 ao 26 de abril, tanto no Rexistro Xeral como na sede electrónica do Concello.

 

O xurado, composto por profesionais do ámbito artístico, reunirase o 29 de abril para seleccionar os catro proxectos gañadores, cuxos nomes se farán públicos o día 30 durante o Festival Camiño da Rosa. O artista mural Delio Rodríguez Ces presidirá o xurado, e os gañadores terán a oportunidade de plasmar os seus deseños en directo durante o festival.

 

A avaliación dos deseños presentados seguirá criterios artísticos e estéticos, e os autores dos catro mellores traballos recibirán premios en vales de compra por valor de 150€ en Deportes González e 100€ en Morfisa, S.L. para a adquisición de pinturas.

 
 

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.