Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 13 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Raúl Clyde en Mos o vindeiro 30 de abril

Será o cabeza de cartel do III Camiño da Rosa

O concerto será o primeiro en Galicia dun cantante ao que xa se apunta como o "novo Quevedo"

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto con Cristina Pichel, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Julia Loureiro, concelleira de Mocidade e Participación Cidadá, André Vázquez, productor do evento, e os DJs locais Samu Pexe e Fergwell presentaron a III edición do Festival Camiño da Rosa que se celebrará por terceiro ano consecutivo no Pazo de Mos. Será o vindeiro 30 de abril, víspera do festivo do 1 de maio.

 

 

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, explicou durante a presentación que o obxectivo desta iniciativa é “satisfacer a crecente demanda do público mozo de experiencias musicais de calidade”. “Os asistentes” continuou, “vivirán unha experiencia única baseada proposta de ocio responsable que xa é sinal de identidade mosense entre a mocidade pois trátase dun evento musical con continuidade ao longo dos anos, xa van 3, grazas ao apoio incondicional da Xunta de Galicia”.

 

Trátase dun festival totalmente gratuíto para o público asistente, un espazo seguro, con diversión baseada na diversidade e respecto polo medio ambiente.

 

“Logramos unha gran afluencia en edicións previas que esperamos manter e incluso superar”, apuntou Arévalo.

 

Raúl Clyde cabeza de cartel

O cartel do III Camiño da Rosa está encabezado por Raúl Clyde, un dos cantantes máis de moda do momento. Pretendido por todas as salas e festivais. Trátase dun caso similar aos de Quevedo ou Saiko.

 

Esta será a súa primeira data en Galicia,

 

  • O resto de artistas que completarán o cartel son:

 

  • A R N N Y  M O N TA N A ( D j  t o p  n a c i o n a l )
  • G R O OV E  A M I G O S ( D j  t o p  n a c i o n a l )
  • D U M O R E ( D j  t o p  g a l e g o )
  • S A M U  P E X E ( D j  l o c a l )
  • C A R LO S  G O N Z Á L E Z  ( D j   l o c a l  )
  • F E R GW E L L ( D j  l o c a l )

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.