PROVINCIA
Rafa Domínguez remarca “o papel do Museo de Pontevedra como institución cultural de referencia”
A mostra, que se poderá visitar no museo ata o 9 de xuño, “trátase dun proxecto exemplar que contribúe a promover o recoñecemento público da arte e os nosos artistas e a conservar e difundir a nosa memoria colectiva a través do arquivo”
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, inaugurou esta semana no Museo de Pontevedra a exposición Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo, xunto coa directora do Museo, Ángeles Tilve Jar, o comisario da mostra, Juan de Nieves, e o irmán da artista, Xosé María Álvarez Cáccamo. Esta mostra recupera a obra da artista viguesa e pona en conexión cos cadernos, fotografías, debuxos e obxectos do seu arquivo, que vai ser doado en próximas datas pola súa familia ao Museo. A exposición estará aberta no Edificio Castelao ata o 9 de xuño.
Rafa Domínguez destacou na inauguración que “este proxecto pon de relevancia o papel do Museo de Pontevedra como institución cultural de referencia, non só nesta provincia, senón a nivel galego e español”. Subliñou que esta non é só unha exposición, “porque implica, ademais de exhibir a obra de Berta Cáccamo, incorporar o seu arquivo aos fondos do Museo para catalogalo, conservalo e poñelo a disposición de investigadores e cidadanía”. Tamén afondou en que “para o Museo de Pontevedra resulta un proxecto exemplar porque une dúas das súas facetas máis importantes: promover o recoñecemento público da nosa arte e os nosos artistas a través das exposicións temporais e conservar e difundir a nosa memoria colectiva a través do arquivo”.
Pola súa parte, a directora do Museo, Ángeles Tilve Jar, louvou a figura de Berta Cáccamo, “unha creadora excepcional, unha investigadora da pintura que, nas últimas décadas do século pasado e as primeiras deste, traballou un pouco a contracorrente, explorando os camiños da abstracción e consolidando unha traxectoria sólida que, por desgraza, se truncou demasiado cedo”. Tamén resaltou o traballo colectivo que impulsou este proxecto de exposición e doazón de arquivo: “o que asoma detrás de cada lenzo, dos debuxos e das vitrinas cheas de cadernos, fotos e obxectos, é un esforzo común porque a obra de Berta non se perda no esquecemento”. E agradeceu especialmente á familia Álvarez Cáccamo a súa xenerosidade.
A exposición Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo aborda unha perspectiva inédita ou pouco explorada ata hoxe: a importancia do arquivo de Berta Cáccamo, entendido desde unha visión complexa e expandida, e as súas conexións directas coa súa pintura e coa súa obra en papel ao longo de toda a súa traxectoria artística. A exposición forma parte dun obxectivo máis ambicioso de preservar a memoria da que foi profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. O arquivo da pintora, agora xestionado polo Legado, pasará ao Museo de Pontevedra co fin de que o conserve, ordene e difunda publicamente.
Parte desta documentación que se entregará formalmente ao Museo en próximas datas está agora presente na exposición, para que o público poida contemplar as conexións entre os diferentes rexistros presentes no arquivo de Berta Cáccamo e a súa obra pictórica. Nas 15 vitrinas instaladas móstranse 30 cadernos, diarios e libros de artista; fotografías de obras, persoais e de viaxes, e 26 obxectos atopados e levemente manipulados que nos axudan a entender o seu universo estético.
Con eses rexistros do arquivo dialogan as arredor de 40 pinturas e máis de 30 debuxos que se exhiben na mostra. Foron creados nas diferentes cidades nas que viviu Cáccamo ao longo dos 33 anos de traxectoria que cobre a exposición, desde mediados dos 80 ata 2018: Vigo, Barcelona, París e Roma. Xunto a un amplo conxunto de obras pertencentes ao Legado Berta Cáccamo, atópase obra cedida para esta exposición polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e as coleccións La Caixa, Banco de España, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e Afundación.
Recital e seminario
A exposición complétase cunha programación paralela con dous fitos importantes en maio e xuño. O 3 de maio, Xosé María Álvarez Cáccamo realizará unha lectura pública do seu poema Berta, unha composición longa que en 2019 publicou a editorial Chan da Pólvora e que será presentada e comentada polo comisario, Juan de Nieves.
Xa o 7 de xuño, o Museo reunirá aos directores e xefes de coleccións dalgúns dos principais centros de arte en España nun seminario para reflexionar sobre o papel dos arquivos de artistas como ferramentas de investigacións nos museos. Aquí estarán, entre outros, Manuel Segade, director do Reina Sofía; Beatriz Herráez, directora de Artium; Javier Hontoria; director de Museo Patio Herreriano; e Eduard Vallès, xefe de coleccións do Museu Nacional d’Art de Catalunya.
Berta Cáccamo
Berta Álvarez Cáccamo (Vigo, 1963 - Vigo, 2018), comezou a súa carreira como artista a mediados da década de 1980. Licenciada en Belas Artes pola Facultade San Jordi de Barcelona, doutorouse nesta facultade e posteriormente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde exerceu a docencia de 1995 a 2013. Gozou de bolsas coma a Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia en 1987 e a de Creación Artística Banesto en Madrid en 1990. Obtivo o segundo premio na XXI Bienal de Pontevedra, co que fixo dunha estancia na Cidade Internacional das Artes en París entre 1990 e 1991. En 1992 e 1993 foi bolseira na Academia de Belas Artes de Roma.
Galerías e centros dedicáronlle preto de 40 exposicións individuais, entre elas Expansión ensaio, no CGAC, en 2017, e Horas felices, un transitar, no Museo Patio Herreriano de Valladolid, en 2022. Ademais, expuxo de forma individual en espazos de Vigo, A Coruña, Madrid, Baiona, Barcelona, Porto, Palma de Mallorca, Zaragoza, Santiago de Compostela, Palencia, Eivisa, San Sebastián, Cambados e Ferrol. Tamén estivo presente a súa obra en arredor dun cento de exposicións colectivas en Galicia, España, Portugal, Francia, Italia, Estados Unidos, Alxeria, Cuba, México, Suíza e Alemaña.
A súa obra gráfica forma parte de varias edicións. Tamén ilustrou libros, entre eles o poemario Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora, 2017), que obtivo o premio ao libro ilustrado na III Gala do Libro Galego (2018). Entre a ducia de premios obtidos na súa carreira, destaca o Premio da Cultura Galega na Sección de Artes Plásticas (Xunta de Galicia, 2017).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60