Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello reforza o servizo de reciclaxe de aceite usado ao sumar tres novos recolectores no rural

Os contedores situaranse en Arcos, Guillade e Areas respectivamente

O Concello aumenta o número de recolectores de aceite vexetal de orixe doméstico co obxectivo de seguir avanzando no coidado do medio ambiente grazas a un novo convenio que a administración local asinou coa empresa encargada deste servizo. Ademais, o documento inclúe unha campaña de concienciación dirixida aos veciños e as veciñas na que se informará sobre os beneficios de reciclar este residuo.

 

 

Deste xeito, a veciñanza contará con tres novos contedores nos que reciclar o aceite vexetal de orixe doméstico nas parroquias de Arcos, Guillade e Areas respectivamente. Esta iniciativa contribuirá a reforzar as medidas que se levan a cabo para coidar a contorna ao evitar que se vertan á rede de saneamento ou que se mesture con outros restos orgánicos.

 

Durante o ano 2023, este servizo que se desenvolve no municipio evitou que se contaminara algo máis de cinco millóns de litros de auga ao reciclar 4.800 kg de aceite usado. Estas cifras supuxeron tamén un aforro de 14,30 toneladas de emisións de CO2.

 

O edil de residuos e limpeza viaria, Jesús Cao, apunta que “se trata de fomentar o reciclado entre a veciñanza así como manter un sistema de recollida selectiva para os aceites vexetais que garanta o coidado da nosa contorna tanto no rural como no casco urbano”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.