Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán colabora para acadar hoxe o reto das 70 doazóns de sangue

O CPI Arquitecto Palacios, CEE de Panxón e E.E.I. As Dunas repiten a campaña do ano pasado coa presenza dunha unidade móbil de doazón 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas no recinto escolar

A comunidade educativa de Panxón (formada polo CPI Arquitecto Palacios, Escola Infantil As Dunas e C.E.E de Panxón) repiten este martes 16 de abril a súa campaña solidaria de doazón de sangue co reto de acadar os 70 doantes, 11 máis que no 2023. Con este propósito, o Concello de Nigrán colabora para que mañá esté no recinto escolar (camiño dos Lagos s/n) unha unidade móbil de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

 


Os estudantes (que presentaron esta mañá a iniciativa coa presenza do alcalde, os directores dos centros e unha representante de ADOS na área) levan meses traballando na cartalaría promocional, aprendendo  a importancia do sangue, os requerimentos para poder doar ou preparando experimentos divulgativos que porán en práctica coa cativada da E.E.I ‘As Dunas’. Se o ano pasado acadaron 59 bolsas das que 20 procedían de novos doantes, agora o reto pasa por acadar 70, por iso fan un chamamento a toda a comunidade educativa e ao conxunto da veciñanza de Nigrán.


“Estamos moi agradecidos de que lideren esta campaña que, en definitiva, divulga entre a veciñanza a importancia de doar sangue, é algo que leva menos de 15 minutos, é icluso saudable para o doante, e, sobre todo, axuda a salvar vidas. Non hai que agardar a unha catástrofe para facelo, todos os días se precisan sangue  nos hospitais”, indicou o alcalde, Juan González.


Segundo sinalou Sabela Lareo, representante de ADOS na área de Vigo, Galicia precisa de 500 bolsas diarias de sangue e o habitual é non acadalas, xa que a media de doantes está establecida en 103.525 ao ano, o que se traduce en 38,4 por cada mil habitantes, todavía insuficiente, por iso agradeceu especialmente á comunidade educativa que repita esta campaña.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.