Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

Comezan as obras de reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro en Paramos

Suporán un investimento de 48 mil euros e o prazo de execución é dun mes

Este martes, 16 de abril, comezan as obras reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos, que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023.

 

 


Debido ao comezo das obras a partir de mañá a ponte estará cortada completamente. Dende hai un ano está cortado o tráfico rodado e a partir de mañá tamén o tránsito peonil.


As obras foron adxudicadas á empresa Servicios Medioambientales del Miño S.L. por un importe de 48.188, 24€, financiado ao abeiro das Subvencións para a reparación dos danos causados polas inundacións sucedidas nos concellos da provincia de Pontevedra da Deputación de Pontevedra.  O prazo de execución estímase nun mes.


Esta ponte sobre o regato Fonte do Febreiro está situada en plena senda PRG-19 entre Tui e Caldelas, polo que as persoas que durante as próximas semana camiñen pola senda, neste punto deberán empregar rutas alternativas para continuar.

 

Por outra parte vén de ser adxudicada á empresa COVSA a obra de construcción da nova ponte sobre o río Cotarel que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.