DEPORTES
O Escola Rosalía Peixes vimar logra o seu primeiro título nacional por equipos
Durante este pasado sábado no Pavillón Municipal de Panxón (Nigrán) celebrouse a xornada final da LIGA NACIONAL BRONCE de bádminton coa presenza de 12 clubs de Andalucía, Castela e León, Comunidade Valenciana, Comunidad de Madrid, Canarias e Galicia que devolveron a esta localidade o mellor bádminton nacional despois de moitos anos. Pola bancada pasaron moitas caras coñecidas precursores deste deporte en toda esa zona do Val Miñor e que puideron apreciar que o bádminton cambiou na súa forma de xogo pero non na súa esencia.
Os enfrontamentos tiveron lugar ás 9:30 horas e ás 14:45 horas. Neles o conxunto anfitrión tiña dous duros rivais, por unha banda o CB Zamora, cunha mestura de mocidade e experiencia e que empezaba dominando a eliminatoria tras a vitoria no dobres mixto pola parella castelá formada por Tapia – De Arriba pero que logo nada podería facer ante os galegos que terminarían vencendo o encontro por un contundente 6 – 1. O ultimo encontro presentábase, a priori, como o máis forte da liga fronte a un dos equipos máis fortes do bádminton nacional como era uno dos filiais do Recreativo IES A Orde para iso o técnico rosaliano Moldes presentou un equipo para tentar non ter sobresaltos e así foi, xa que o resultado final de 7-0 favorable aos rosalianos así o indica.
Tras estas dúas vitorias os vigueses do Club Escola Rosalía Peixes Vimar proclamáronse campións da liga Nacional Bronce polo que para a tempada próxima participarán na Divisón de Prata co mesmo obxectivo do ascenso e así poder chegar á Divisón de Ouro.
Para iso, desde a sede rosaliana xa se puxeron ao choio para manter o cadro de xogadores e xogadoras desta tempada e buscar algún reforzo a maiores para poder lograr o seu próximo obxectivo.
A clasificación final foi como primeiro clasificado o Club Escola Rosalía Peixes Vimar, en segunda posición o Recreativo IES A Orde e en terceiro lugar o Club do Mar de San Amaro.
No acto de entrega de premiaciones estiveron presentes Juan Antonio González, alcalde de Nigrán, Ana Durán, vicepresidenta da Federación Galega de Bádminton, Roberto Garrido, concelleiro de Cultura e Desenvolvemento Sostible do Concello de Nigrán. Ronsel Pérez Pérez, concelleira de Educación, Emprego e Accesibilidade do Concello de Nigrán e Jesús Gómez, presidente do Club Escola Rosalía.
Este evento foi patrocinado pola Federación Española de Bádminton e o Concello de Nigrán e conta co apoio do Consello Superior de Deportes, a Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Asociación Escola Rosalía de Castro e das firmas privadas da Federación Española de Bádminton O Corte Inglés, Iberdrola, Loterías e Apostas do Estado e Yonex.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129