Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 18 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Porriño Fashion Weekend transformará O Porriño nunha gran pasarela

31 comercios locais e 9 salóns de peitado participarán dos eventos que se desenvolverán os días 19, 20 e 21 de abril

Os focos apuntan xa ao Porriño que esta fin de semana se convertirá nunha gran pasarela sobre as que desfilarán as tendencias más vanguardistas de moda e beleza.

 

 

A Porriño Fashion Weekend volverá facer da vila do Louro no epicentro galego da moda da man do seu comercio local e da súa hostalería.

 

O evento arrancará o venres 19 de abril coa Shopping Night, unha noite de comercio aberto para ir de tendas e disfrutar do ambiente nas rúas. Os comercios estarán abertos dende as 21 ata as 24 h con dinamizadoras propostas. Pero a celebración abrangue toda a vila e ademais de sorteos, regalos e moitas outras actividades impulsadas polos comerciantes, haberá Dj´s nas rúas e prazas do centro urbano.

 

O sábado 20 de abril terá lugar a Fashion Night. O exclusivo desfile dará comezo ás 18:30 h e transformará a rúa peonil nunha pasarela na que mostrarán as súas propostas 31 comercios e 9 salóns de peiteado do Porriño. Roupa, calzado, xoiería, complementos, peiteados, maquillaxe…as últimas tendencias desfilarán aos pés do Concello da man das/os modelos da Escola de Modelos Small Big Models. A encargada de dirixir o evento será a xornalista porriñesa, Raquel Atanes.  

 

A música non podía faltar nesta xornada, polo que a Orquestra América encargarase do Fin de Festa . Será ás 22h na rúa Domingo Bueno.

 

O Fashion Market poñerá o broche de ouro á fin de semana da moda no Porriño. Será o domingo 21 de abril, na parcela situada na rúa Progreso, onde de 10 a 22 h se instalará o mercadiño, con dj´s e inchables para os máis pequenos desde as 12 h. Para rematar por todo o alto, ás 19 h arrancará o concerto da Orquestra Panorama.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polas concelleiras Antía Carrera e Rosa Isabel Alonso, e polos establecementos participantes, presentaron a programación convidando a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a sumarse a este evento que “é de todos/as e para todos/as”. Neste sentido o rexedor quixo agradecer “a implicación e ilusión que puxeron os nosos comerciantes, hostaleiros e asociacións á hora de organizar e dar forma a este evento. Facemos equipo e iso é garantía de éxito”.

 

Lorenzo destacou que “a moda é un importante dinamizador do comercio local e, polo tanto, da economía do Porriño e coa Fashion Weekend pretendemos visibilizalo e poñelo en valor”.   

 

PARTICIPANTES:

Hostalería: Celtiña, Liceum, Nómadas, Origen, Saspi e Treinta y tau.

Salóns de peiteado: Alicia Porto Estilista, Bellissima Estilistas, Dill´Arte, Eliseo, Luisa Luna Estilismo, Merchy Díaz, Sencar, Urban Salon by Jovhen Sport e Aráñame con estilo.

Tendas: Adicction, Alma, Andriu, Brooklyn, Calzados Parada, Click, Ishop, Joyería Covelo, Joyería Jose Antonio, Joyería Lorenzo, Liberty shoes, Lolyana, Mapa, Meigallo, Mia shop, Minerva, Misstic, Monlif, Noa Estévez Diseño y Costura, Orev, Quantum, Telas y más, Suengas, Textil Adrián, Tic tac, Topitos, Volver, Volvoreta, Zafiro e Zarifa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.